22-10-2025, NOVA DATA DA PROXECCIÓN DE “HONEYMOON”, DENTRO DO CICLO MESTRE MATEO. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, 22:30 HORAS

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de LugoAcademia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción HONEYMOON, dirixida por ENRIQUE OTERO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta OITAVA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 22 de outubro de 2025, ás 20:30 horas. 

A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba

SINOPSE

Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantenos unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morrer nun accidente absurdo a miles de kilómetros de casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois. 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Enrique Otero 

Dirección de produción: Adrián Pino 

Dirección de fotografía: Sergio Franco 

Dirección de arte: Inés Rodríguez 

Música orixinal: Pablo Sanmamed 

Guión: Roberto G. Méndez, Enrique Otero 

Montaxe: Adrián Pino 

Deseño de son: Pablo Rega, Diego Staub 

Vestiario: María Fandiño 

Maquillaxe e perruquería: Carmen Porto 

Son directo: Carlos Mouriño 

Deseño efectos dixitais: Ernesto Matilla 

Posprodución de vídeo: Alfonsín Digital Lab, Zabriskie Films 

Reparto: Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Silvia Sirui, Fernando Albizu, Antonio Durán «Morris», Pablo Derqui. Miquel Insua, Desiré Pillado, María Tasende, Berta Ojea, César Goldi, Susana Dans, Sergio Zearreta, Miguel Ángel Tobías, Marta Lado 

Duración: 89 min.


CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO

Mellor dirección-Mellor son-Mellor dirección de fotografía-Mellor vestiario-Mellor guión-Mellor montaxe-Mellor interpretación feminina de reparto-Mellor longametraxe-Mellor interpretación masculina de reparto-Mellor interpretación masculina protagonista

https://estudoschairegos.gal –  https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad