2ª PROXECCIÓN DO CICLO MESTRE MATEO 2024PELÍCULA “FATUM”, DE JUAN GALIÑANES. XOVES 10 DE OUTUBRO DE 2024 – 20:00 HORAS, AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

#ciclomestremateo

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película FATUM, de JUAN GALIÑANES, continúando co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 10 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

SINOPSE �
Serxio ten graves problemas co xogo. Tras xurar á súa dona que non voltará a caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol e, incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar todo o diñeiro perdido. O soplo resulta ser certo e por fin a súa sorte mudará…
Pero Alexo cun pasado salpicado tamén polo xogo irrumpe armado no local.
Pablo, francotirador do GEO, é presionado pola comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a cabeza do GEO está noutro sitio, no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun hilo. O destino fai que Serxio e Pablo se vexan envoltos nun atraco a unha casa de apostas, onde un disparo cambiará as súas vidas para sempre.

FICHA TÉCNICA
● Dirección: Juan Galiñanes
● Idea oxiginal: Juan Galiñanes
● Guión: Juan Galiñares, Alberto Marini
● Reparto:Luis Tosar, Álex García, Elena Anaya, Arón Piper, Luisa Mayol, Pepa Gracia, Ethan Álvarez, Valentina Quiza, Derek León, Xabier Deive, Paula Morado, Isabel Naveira, Ricardo de Barreiro, Miquel Insua, Xavier Estévez
● Música orixinal: Manuel Riveiro
● Dirección de fotografía: Alex de Pablo
● Dirección de arte: Alexandra Fernández
● Vestiario: María Porto
● Maquillaxe: Anna Merino
● Perruquería: Mara Collazo
● Son: Carlos Mouriño, Diego Staub, Yasmina Praderas
● Montaxe: Lu Rodríguez, Amae
● Dirección de produción: María Liaño
● Produción executiva: Emma Lustres
● Producida por: Emma Lustres, Borja Pena 
● Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos
● Duración: 91 min.

CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
• Finalista: Mellor longametraxe
• Finalista: Mellor dirección
• Finalista: Mellor interpretación masculina protagonista
• Finalista: Mellor montaxe
• Finalista: Mellor vestiario 

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

https://ciclomestremateo.galhttps://www.deputacionlugo.gal/…/areasgoberno/cultura
https://www.vilalba.gal/eshttps://estudoschairegos.gal
#audiovisualgalego
#vicepresidenciadeputacionlugo
#iescha
#concellodevilalba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad