4ª PROXECCIÓN DO CICLO MESTRE MATEO. DOCUMENTAL “A VIAXE DE LUCY”, de RUTH CHAO. DOMINGO 20 DE OUTUBRO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

#ciclomestremateo

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIAXE DE LUCY, de RUTH CHAO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 20 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixoante misión espacial da NASA a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade, e cun toque de humor, así como inspirar a novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar convertíndose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles.

FICHA TÉCNICA

● Dirección: Ruth Chao

● Produtores: Ruth Chao, Alphonse de la Puente

● Produtores executivos: Ruth Chao, Alphonse de la Puente, Alicia Veira

● Guionistas: Alphonse de la Puente, Ruth Chao

● Montadora: Cristina Liz

● Segundos montadores: Óscar Pardo, Laura Piñeiro

● Música orixinal: Juan Ramón Salgueiro

● Axudantes de producción: Natalia Porca, Cecilia Santiago

● Produción Unidade Cabo Cañaveral: Robin Champagner, Rachael Nail, Jim Lewis

● Director de Fotografía: Santiago Raimundi

● Calificación por idades: Todos os públicos

● Duración: 90 min

CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO

• Finalista: Mellor documental

• Finalista: Mellor dirección de fotografía

• Finalista: Mellor dirección de produción

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA

BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

https://ciclomestremateo.galhttps://www.deputacionlugo.gal/…/areasgoberno/culturahttps://www.vilalba.gal/eshttps://estudoschairegos.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad