CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL GAÑADOR “OS ESPAZOS EN BRANCO, DE BRUNO ARIAS. XOVES 12 DE DECEMBRO DE 2024 – 20:00h. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

#ciclomestremateo

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental OS ESPAZOS EN BRANCO, de BRUNO ARIAS, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR DOCUMENTAL. Continúase así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta oitava proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 12 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.

SINOPSE

As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias. Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Duración: 77 min

Calificación por idades: Todos os públicos

CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO

Gañadora: Mellor Documental

FICHA TÉCNICA

● Intérpretes: Lidia Veiga , Sheyla Fariña, Melania Cruz

● Interveñen: Amparo Castaño, Juan C.Arias Castaño, Lois Arias Castaño, Marcos Arias Castaño, Ana Iglesias, Bruno Arias

● Tamén participaron: Darío Gil Arias, Siro Iglesias, Xulián Maure, Camiño Noia, Marcela Porto

● Produción executiva: Álvaro Liste

● Co-producción executiva: Uxío Novo, Iván L. Gimeno

● Dirección de producción: Bea Villar

● Axudante de producción: Maite Martínez

● Guión: Bruno Airas, Lucia Ramiro Taboada

● Dirección: Bruno Arias

● Axudante de dirección: Lucía Ramiro Taboada

● Script: Alba Otero Dacal

● Montaxe: Bruno Arias, Laura Piñeiro

● Axudante de Montaxe: Laura Piñeiro, Miguel Gomar

● Director de fotografía: Miguel Gomar

https://ciclomestremateo.galhttps://www.deputacionlugo.gal/…/areasgoberno/cultura

https://www.vilalba.gal/eshttps://estudoschairegos.gal

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad