
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental PREFIRO CONDENARME, dirixida por MARGARITA LEDO ANDIÓN, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta CUARTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 19 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.
Sinopse
A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Tal unha nova Antígona, Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica, canda a lei non escrita, o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Margarita Ledo
Guión: Margarita Ledo, Eva Veiga
Dirección de fotografía: Alberte Branco
Música: Carme Rodríguez
Documentalista: Soliña Barreiro
Dirección de arte: Carme Triñanes
Reparto: Sagrario Ribela, Nardo beceiro, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo
Produción executiva: Olaia Ledo
Dirección de produción: Nati Juncal
Xefa de produción: Bea Villar
Axudantes de produción: Lourdes Alfonso, Celia López
Axudante de dirección: Alicia Díaz
Gaffer: Juan Figueiras
Axudante de cámara: Deirdre Canle
Xefe de son: Sisco Lariño
Axudante de son: Iria Otero
Vestiario: Carmen Triñanes
Maquillaxe e perruquería: Laura Rodríguez, Noemí Bravo
Atrecista: Daniela Rodas
Eléctricos: Iván Bello, Toño Blanco
Posprodución: Pablo Cayuela, Numax Laboratorio
Posprodución de son: Emilio Rivas, Cinemar
VFX: Pablo Lamosa, Cormorán
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo, Numax Laboratorio
Subtitulado: Cristina Lesmes
Músicos: Dani Veiga, Virgina del Cura
Mestura: Arturo Vaquero
Duración: 88’
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor dirección de fotografía – Mellor dirección de produción – Mellor documental – Mellor guión
https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.galhttps://ciclomestremateo.gal
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba
