
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o espectáculo ESPERTA O RINOCERONTE, de Marián González, a cargo do grupo NAO CARACOLA.
O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Programa MÓVETE 2025.
O evento terá lugar o venres 19 de novembro de 2025, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
Actriz-titiriteira: Marián González – Dirección: Manuel Román – Música orixinal: Jesús Lana Celaya
Escenografía e marionetas: Marián González – Dramaturxia: Manuel Román e Marián González
Público: Todos os públicos. Preferentemente a partir de 6 anos. – Produción: Nao Caracola
Duración: 40 min.
Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a ama. Isto, ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso cóidao. Ensina aBambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa a chama o Rinoceronte e di que nela atópase o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto.
Esta historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto e cégannos cos seuas brillos, facéndonos cómplices da destrucción. Haberá alguén que lles faga fronte e esperte o rinoceronte?
“Esperta ao rinoceronte” é unha historia que fala sobre a nosa conciencia durmida, sobre a nosa capacidade para mirar para outro lado. Sobre o noso consentimento inconsciente que se deixa cegar polos brillos cos que se camufla o despropósito. Un despropósito que se estende polo planeta e compórtase como unha implacable maquinaria de desposesión e produción de desigualdades que coloniza, ameaza, degrada, contamina e escraviza. A actriz-titiriteira anima as marionetas, pero ao mesmo tempo é cómplice, está manipulada pola maquinaria e actúa por momentos como o seu brazo executor, a súa man neste caso. Unha man que lle nubla a vista e a razón. A música e unha voz en off actúan como narradoras, como fío condutor desta historia que transcorre en tres escenarios que mostran unha realidade por desgraza demasiado frecuente, unha realidade que nesta ocasión é posible reverter. Este espectáculo é unha porta aberta á esperanza.
ENTRADA DE BALDE
