“A COUSIFICACIÓN E MERCANTILIZACIÓN DO CORPO DAS MULLERES. REVISIÓN DAS CANTIGAS DE TRADICIÓN ORAL”, POR VANESA SISO. (VIDEO-RESUME)

Na noite deste venres, o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, e dentro do ciclo MULLERES GALEGAS, organizou na Casa da Cultura a conferencia “A COUSIFICACIÓN E MERCANTILIZACIÓN DO CORPO DAS MULLERES. REVISIÓN DAS CANTIGAS DE TRADICIÓN ORAL”, a cargo de VANESA SISO, xornalista especializada en comunicación política e social, técnica de igualdade, que foi presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
A conferenciante, unha recoñecida activista feminista, quixo resaltar en primeiro lugar a importancia da unidade na loita feminista, para a continuación dar paso a unha detallada e ampla exposición de temas como a igualdade de xénero, a violencia contra as mulleres e a loita contra a discriminación. 
Un dos aspectos máis destacados da conferencia foi o relativo a prostitución, ofrecéndonos Vanesa unha explicación ampla e detallada da mesma así como dos efectos negativos que esta actividade ten na sociedade.
Outro dos temas tratados na conferencia foi a revisión das cantigas de tradición oral, e como, en moitos casos, adoitan ser sexistas fomentando a violencia contra as mulleres. 
A exposición estivo apoiada por unha presentación dixital e mesmo musical, o que fixo que a conferencia fose aínda máis atractiva. Ao remate, houbo tamén turno para o debate e intercambio de opinións.
Dende o IESCHA só nos queda agradecer a Vanesa Siso a súa participación neste acto e darlle os parabéns pola súa brillante, detallada e didáctica exposición.
Queremos dar as grazas tamén, coma sempre, ao público asistente. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad