A EXPOSICIÓN “LÉVAME A IDEA”, DE LAURA VARELA IRIA VILLARES, VANESA SISO E NAVÍOS E FOLERPAS SL, PÓDESE VISITAR NA ESCOLA HABANEIRA DE GUITIRIZ DENDE O 5 DE FEBREIRO ATA O 15 DE MARZO DE 2026.

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Guitiriz, presentan na Escola Habaneira de Guitiriz a exposición LÉVAME A IDEA, unha mostra composta por once paneis que propón unha aproximación á música de tradición oral galega a través do labor das súas creadoras e divulgadoras. A exposición pon o foco no papel esencial das mulleres na creación, conservación e transmisión deste patrimonio cultural inmaterial, salientando a súa contribución histórica e contemporánea á identidade musical de Galicia.

LÉVAME A IDEA, de Laura Varela, Iria Villares, Vanesa Siso e Navíos e Folerpas SL, naceu (durante as II Xornadas sobre Patrimio Inmaterial organizadas polo Iescha, coa coolaboración do Consello da Cultura Galega e o Concello de Vilalba, no mes de novembro de 2025) coa vontade de dar a coñecer este legado ao público e de ofrecer un merecido recoñecemento a quen, ao longo do tempo, fixo posible que a música tradicional chegase viva ata os nosos días. A través dun percorrido didáctico e accesible, a mostra convida á reflexión sobre a importancia da memoria, da tradición oral e da transmisión interxeracional da cultura.

A exposición poderá visitarse desde o 5 de febreiro ata o 15 de marzo de 2026 na Escola Habaneira de Guitiriz.

GALERÍA DE FOTOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad