ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO COHÁN CABANA-CONCERTO DE CRIS ROMÁN

Segunda xornada dos actos da Cultura Chairega programados polo IESCHA en homenaxe a Manuel María no XVIII Cabodano. Foi o desta noite un acto moi especial, emotivo e cargado de sensibilidade e agarimo. Unha perfecta simbiose que tivo como principais protagonistas a dous grandes da nosa cultura: Manuel María e Darío Xohán Cabana… E a maiores… o concerto, claro. Cris Román, acompañada do seu grupo, soubo conquistar perfectamente aos asistentes coa súa fermosa e cautivadora voz, compoñendo expresamente para este acto unha canción con letra dun dos poemas de Darío. Parabéns, Cris!!! E unha mención moi agarimosa para todos os compoñentes da familia de Darío presentes no acto, e de xeito especial, para a súa neta, a súa dona e a súa filla, quen, en representación de todos eles, pronunciou unhas sentidas palabras sobre o seu pai que encheron de emoción e sentimento a todo o Auditorio. Dende o Iescha só nos queda agradecer de todo corazón a súa presenza e ofrederlles todo o noso afecto e cariño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad