
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador, FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, polo seu libro “QUERO SER COMA VERO BOQUETE”, que terá lugar o sábado 24 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
O referido acto, enmarcado nesta ocasión na Iniciativa Agustín Fernández Paz 2026-2027 “MIRADAS SOBRE AGUSTÍN”, será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARRERO, presidenta do Iescha; MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, gañador do IX Premio Agustín Fernández Paz, que irán intercalándose entre as actuacións previstas.
Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, co teatro, coa poesía, coa palabra, coa imaxe…
Para elo, contaremos coa participación de:
-GRUPO DO CENTRO OCUPACIONAL TERRA CHÁ DE VILALBA
-CARLOS GÓMEZ OSA
-MINICORO DE ESMUVI
-ALUMNADO DA BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DO IES BASANTA SILVA
Para a linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).
Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do X Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade para coñecer ao gañador/a
A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.
