O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador,PABLO NOGUEIRA, polo seu libro “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”, que terá lugar o sábado, día 2 de decembro de 2023,ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e PABLO NOGUEIRA, gañador do VI Premio Agustín Fernández Paz.
Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe…
Para elo, contaremos coa participación de:
- LAMBE LAMBE: “A fala das do Miño” e Caroi
- CORREDORES DE SOMBRA: “Muda” ( versión do tema, Todo Cambia)
- ESCOLA DE MOVEMENTO: ”Mirádenos”, de Elvira Sastre e anacos de musica de diferentes temas de Beyoncé
- ALUMNADO DO IES BASANTA SILVA:
– “Mazás do xardín de Tolstoi” de Yolanda Castaño, con Icía Saavedra e As Mouchas
– “S/T 1.2”, a cargo de OUTRO, colectivo artístico - BMV ENSEMBLE: Interpretan unha selección musical de “Les Miserables” en arranxo de Johnnie Vinson. Rematan co Himno Galego
Para a linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).
Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.
A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.