
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e Nova Poesía Guitírica (NPG) organizaron onte na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro, editado por CHAN DA PÓLVORA “PALMEIRAS E PIUEIROS”, do que é autor ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
O acto contou tamén coa presenza e as intervención de Mª Xosé Lamas, en representación da Nova Poesía Guitírica, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
A morte da palmeira de Manselle (un verdadeiro emblema do lugar natal do seu autor) é a orixe deste fermoso libro de poemas de Anxo Angueira, ao que sempre é un placer escoitalo, e que, entre outras moitas cousas, nos comentou que o libro pretende ser unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia.
Tanto dende o IESCHA como dende a NOVA POESÍA GUITÍRICA agradecemos a Anxo, a Marisa e a Mª Xosé, a súa participación neste acto, e que o facemos extensivo ao público asistente.