ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE BALDO RAMOS “AS ALDEAS DA MEMORIA” , CON NACHOK E MANU PANFORRETEIRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA-7/05/2023 (VIDEO-RESUME)

Onte domingo 7 de maio, á tardiña, tivo lugar na casa da Cultura de Vilalba o acto de presentación do libro de Baldo Ramos “As Aldeas da Memoria”, coa participación de Baldo Ramos, Nachok e Mano Panforreteiro. Un recital performativo que tiña como base os poemas de Baldo Ramos que forman parte do referido libro “As aldeas da memoria”. Poemas que reconstrúen un pasado no que as aldeas estaban habitadas e nos que aínda é posible habitar unha memoria compartida.

En palabra de Daniel Caxigueiro, autor do limiar do libro, “As aldeas da memoria (…) vai encher baleiros que só a poesía, en calquera das súas manifestacións, é capaz de alcanzar.” A música de Mano Panforreteiro vén cohabitar eses baleiros, acompasada coas imaxes fotográficas de Nachok que dialogan cos poemas de Baldo Ramos.

Un recital interartísico no que son, imaxe e palabra se funden nunha sinestesia permanente ao longo de 45 minutos.

Dende o Iescha, agradecemos moi sinceramente a Baldo Ramos, a Nachok e a Mano Panforreteiro a súa participación neste fermoso e innovador acto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad