ACTO DO IESCHA. CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “AS LIÑAS DESCONTINUAS”, DE ANXOS FAZÁNS. DOMINGO 27/09, ÁS 20:00, AUDITORIO DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE, RESERVA EN ENTRADASVILALBA.ES

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE: AS LIÑAS DESCONTINUAS, de Anxos Fazáns, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que dur ante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta QUINTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 27 de setembro de 2026, ás 20:00h.

A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es

SINOPSE

Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Anxos Fazáns

Guión: Anxos Fazáns, Ian de la Rosa

Dirección de fotografía: Sandra Roca

Montaxe: Diana Toucedo, Laura Piñeiro

Son: Xavi Souto, David Machado

Música orixinal: Xavier Bértolo

Reparto: Mara Sánchez, Adam Prieto

Dirección de produción: Nati Juncal, Silvia Fuentes

Produtoras: Nuria Landete, Silvia Fuentes

Maquillaxe e perruquería: Sonia García

Duración: 90 min.

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO

Dirección de fotografía

Dirección de produción

Dirección

Guión

Interpretación Feminina Protagonista

Interpretación Masculina Protagonista

Longametraxe

Maquillaxe e Perruquería

Montaxe

Música Orixinal

Son

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad