ACTO DO IESCHA. CICLO MESTRE MATEO: PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE: “SAN SIMÓN”, DE MIGUEL ÁNGEL DELGADO. SÁBADO 7 DE NOVEMBRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS – AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE DE FICCIÓN: SAN SIMÓN, de Miguel Ángel Delgado, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que nos está brindanado a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta OITAVA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 7 de novembro de 2026, ás 20:00h.

A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es

SINOPSE
Outubro de 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Utilizan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros… San Simón destaca debido á súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Lamas lembra a memoria da illa sete anos despois, cando as autoridades decretan o peche do campo.
DURACIÓN: 107 min

FICHA TÉCNICA
Dirección: Miguel Ángel Delgado
Axudante de dirección: Sandra Montes
Axudante de dirección: Marta Lodeiro
Productora executiva: Andrea Vázquez
Directora de produción: Analía G. Alonso
Director de produción: Aleix Castellón
Xefe de produción: José Salgueiro
Primeira axudante de produción: Isabel Vázquez
Directora de fotografía: Lucía C. Pan
Axudante de fotografía: Óscar Capi Cajide
Xefe de son: Daniel Fernández
Directora de arte: Inés R. Sacristán
Primeira axudante de arte: Cris Junquera
Gaffer: Jorge Castro
Montador: Marcos Flórez
Reparto: Flako Estévez, Alexandro Bouzó, Guillermo Queiro, Ana Fontenla, Ma del Carmen, Jorge Veiga, Manuel F. Landeiro, Lucía Amarelle Torrado, Javier Varela, Tatán, Darío Fernández Raposo, Andrés Giráldez, Miguel Borines, Nuno Preto

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
Dirección de arte
Dirección de produción
Interpretación Masculina de Reparto
Interpretación Masculina Protagonista
Longametraxe
Maquillaxe e Perruquería
Son
Vestiario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad