RETROSPECTIVA DE PEDRO CABARCOS. INAUGURACIÓN: XOVES 28/08/25-20:00 H. SALA DO AUDITORIO DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración co Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA”, con cadros de PEDRO CABARCOS QUINTELA.

A inauguración da mesma terá lugar o xoves 28 de agosto de 2025, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.

A mostra permanecerá aberta ao público, no horario establecido do Auditorio Municipal, ata o 10 de outubro de 2025.

Esta exposición forma parte dos actos programados polo Iescha para as Festas de Vilalba’2025.

Pedro Cabarcos Quintela nace en Vilalba no ano 1955. É veciño de Viveiro onde ten a súa residencia.

Licenciado en Historia da Arte pola Complutense de Madrid, Profesor de Debuxo de Ensino Secundario, leva varias décadas dedicado ao ensino.

O retrato é unha das súas grandes paixóns, nas que non deixa de experimentar continuamente, moi influído, tal e como el mesmo recoñece, pola súa formación académica en Historia da Arte, aínda que non deixa de traballar na paisaxe a “plein air”.

O seu traballo xa foi recoñecido recentemente nunha das máis prestixiosas institucións do mundo como é a “Portrait National Gallery de Londres” que en 2019 seleccionou a súa obra “Ana” para pasar á fase final do BP Portrait Award da propia National Gallery no 2020.

En 2024 gana o premio da Fundazione Amadeo Modigliani de Roma co seu cadro Esperanza.

ENTRADA DE BALDE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad