ACTO DO IESCHA: INAUGURACIÓN DA EXPOSICION “PINCELADAS E TRAZOS”, PINTURAS DE MASU SANTALLA FERREIRO. MÉRCORES 21-08-24, 19:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

O mércores 21 de agosto de 2024, ás 19:00 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA, terá lugar a inauguración da Exposición “PINCELADAS E TRAZOS”, con pinturas de MASU SANTALLA FERREIRO, que organiza o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, permanecendo aberta ao público no horario habitual da casa da Cultura dende o 21 de agosto ao 22 de setembro de 2024.

“A exposición ‘Pinceladas e trazos’ reflicte a miña traxectoria artística dende o óleo ao grafito entre 2006 e a actualidade. Os meus inicios na pintura comezaron xogando coa cor e coas figuras. Anos despois inicieime no retrato a grafito, onde descubrín a expresión artística que máis gozo, e á vez experimentando coa técnica pastel até o día de hoxe.” (Masu Santalla Ferreiro-Telf.: 646 52 95 90)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad