
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, a proxección do documental MARY QUINTERO, MÁIS DE 90 ANOS DECREATIVIDADE, de MARÍA OJEA.
O acto terá lugar o xoves 2 de xullo de 2026, ás 20:00 horas,na Casa da Cultura de Vilalba.
O DOCUMENTAL “MARY QUINTERO. MÁIS DE 90 ANOS DE ACTIVIDADE”“O documental, dirixido por MARÍA OJEA, afonda na vida e no legado artístico de Mary Quintero, pioneira da fotografía en Galicia, a través dun percorrido por máis de nove décadas de creatividade, innovación e dedicación ao mundo da imaxe. O documental pon en valor a súacontribución á cultura galega e o seu papel como referente dentro do ámbito fotográfico.
A proxección busca achegar ao público figuras relevantes da historia e da creación artística galega, ofrecendo unha oportunidade para coñecer de preto a obra dunha profesional que marcou varias xeracións.
A entrada á actividade permitirá ao público descubrir a historia persoal e profesional dunha muller que converteu a fotografía nunha forma de expresión artística e nun testemuño da evolución social e cultural de Galicia ao longo do último século.”(A partir dun artigo recollido no TERRACHAXA)
MARY QUINTERO
“Mary Quintero está recoñecida coma unha das grandes fotógrafas e retratistas deestudo. Ao longo das décadas, viu transformar os instrumentos do seu oficio,pasando do branco e negro á cor e do eido analóxico ao mundo dixital. Considerada unha das pioneiras da fotografía profesional en Galicia, foi a primeira en utilizar en España o proxector de fondos e o retoque fotográfico. O seu traballo foi recoñecido con numerosos premios, entre eles o Premio “Mejor Fotógrafo de España”, outorgado no II Congreso Nacional de Fotografía en 1981, e a “Medalla de Bronce de Galicia” no ano 2002.
Dende os anos 50 do século pasado estableceu o seu estudo fotográfico na cidade de Vigo. Foi pioneira na elaboración dunha nova técnica de retoque para a fotografía encor. Conseguiu ser recoñecida como unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudio e a máis prestixiosa retratista galega. Retirada desde o ano 2002, posúe un arquivo de máis de 700.000 imaxes dixitalizadas. Agora, preto a cumprir os 95 anos e con motivo de recoñecer toda a súa traxectoria e achegas ao mundo da fotografía, tense elaborado o documental “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade”. Un dos seus obxectivos é dar a coñecer a súa figurae o seu traballo ao longo de décadas na nosa cidade ás novas xeracións.” (de https://quehacerenvigo.es/…/proxeccion-documental-mary…/)
