ACTO DO IESCHA.- TEATRO “INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ”, ÍTACA TEATRO-ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL CON CARLOS REBOLO. VENRES 6 DE NOVEMBRO DE 2026 – 20:00 H. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a representación teatral “INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ”, espectáculo de narración oral a cargo de CARLOS REBOLO, de ÍTACA TEATRO.

O acto terá lugar o venres 6 de novembro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada de balde.

Apetéceche un café? Pénsao ben. A resposta vai máis alá dun “si” ou dun “non”.

Tomar café é unha das accións sociais e culturais máis importantes… polo menos en Galicia. A quen non lle ofrecen café cando vai de visita, ou cando asiste a unha reunión de (case) calquera tipo?

Cando escoitas a narración de Carlos Rebolo con fragmentos propios e outros adaptados da obra homónima de Manuel Núñez Singala, realmente dubidas se dicir “si” ou “non” cando che ofrecen café.

Un punto de vista analítico e persoal desta forma de hospitalidade, pero sempre en clave de humor.

Sinopse

Carlos Rebolo, contador de historias, artella este novo espectáculo a partir de relatos do libro “Instrucións para tomar café” de Manuel Núñez Singala, editado por Galaxia.

Baixo o título homónimo, este espectáculo de narración oral reúne unha escolma de historias que falan de nós como seres humanos imperfectos.

En “Instrucións para tomar café” conviven a bondade coa mesquindade, o éxito co fracaso, o fortuíto co intencionado, o real co imaxinado, nunha serie de retratos debuxados con humor e retranca.

Intérprete: CARLOS REBOLO Público: MOZO E ADULTO

Compañía: ÍTACA TEATRO Idioma: GALEGO/CASTELÁN

Duración: 65 min.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad