PROXECCIÓN DE “O CORNO” DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA NESTA EDICIÓN DOS PREMIO MESTRE MATEO. SÁBADO 28 DE DECEMBRO DE 2024, ÁS 20:00 H., AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe O CORNO, de JAIONE CAMBORDA, PELÍCULA GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2024.Remátase deste xeito coas proxeccións do CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta décima e última proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 28 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.

SINOPSE 

Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal. 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Jaione Camborda 

Guión: Jaione Camborda 

Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás y Diego Anido. 

Producido por: Jaione Camborda, Andrea Vázquez, María Zamora 

Coproductores: Rodrigo Areias, Katleen Coossens 

Productores executivos: Jaione Camborda, Andrea Vázquez, María Zamora 

Dirección de fotografía: Rui Poças AIP, ABC 

●   Montaxe: Cristóbal Fernández 

●   Dirección artística: Melania Freire 

●   Dirección de casting: Noemí Chantada 

●   Dirección de produción: Ana Hernando 

  Vestiario: Uxía Vaello 

●   Son directo: Sergio Silva 

●   Maquillaxe: Bárbara Broucke 

  Peiteado: Lorena Calvo e Silvia Neira 

●   Edición de son: David Machado 

  •   Música orixinal: Camilo Sanabria 
  • Duración: 103 min.
  • Calificación por idades: 12+

CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO 

Gañadora: Mellor longametraxe  Gañadora: Mellor dirección
Finalista: Mellor dirección de arte  Gañadora: Mellor dirección de fotografía  Finalista: Mellor dirección de producción Gañadora: Mellor guión  Finalista: Mellor interpretación feminina de reparto  Finalista: Mellor interpretación feminina de protagonista  Finalista: Mellor interpretación masculina de reparto  Gañadora: Mellor maquillaxe e perruquería
Finalista: Mellor montaxe. Finalista: Mellor música orixinal Gañadora: Mellor son Gañadora: Mellor vestiario

https://ciclomestremateo.gal                   https://www.deputacionlugo.gal/es/a-deputacion/areasgoberno/cultura  

 https://www.vilalba.gal/es                                    https://estudoschairegos.gal 

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad