ACTOS DA CULTURA CHAIREGA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 (ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA) E SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 (AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA)


Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-2026, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste ano co seu XXII CABODANO.

PROGRAMA

  • DOMINGO 6 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 12:30 HORAS

NO ESPAZO MANUEL MARÍA (Entrada de balde)

Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.

O apartado musical correrá a cargo de CARLOS GÓMEZ OSA.

  • SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 20:00 HORAS

NO AUDITORIO MUNICIPAL (Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente de localidade en entradasvilalba.es)

Terá lugar lugar o concerto de CATRO NUN ZOCO.

Catro nun zoco.- “Catro nun zoco é un proxecto musical galego liderado polo coñecido cantautor e profesor Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini” (exmembro de Fuxan os Ventos e A Quenlla). 

O grupo está formado por catro integrantes que mesturan voces, guitarras e violíns para interpretar música de raíz, poesía e cantos tradicionais: 

  • Mini Rivas: Voz e guitarra.
  • Mariña Quintillán: Voz e instrumentos de corda.
  • Iria Rivas: Voz e corda.
  • Navia Rivas: Voz e corda. 

Traxectoria

O proxecto naceu para continuar coa labor de divulgación da cultura, a lingua e a música tradicional galega en directo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad