VÍDEO: PARTICIPACIÓN DO IESCHA NA FEIRA DO LIBRO 2022

VÍDEO: PARTICIPACIÓN DO IESCHA NA FEIRA DO LIBRO 2022

Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) paticipou estes días 3, 4 e 5 de xuño na II Feira do Libro Vilalé compartindo posto coa Biblioteca Municipal. As persoas que por alí pasaron contemplaron as publicacións que o Iescha leva editadas ao longo dos seus 22 anos de vida. Na última xornada, dous membros da Xunta Directiva do IESCHA, Marisa Barreiro e Chema Felpeto, participaron nas presentacións de dous libros: “Non penses nun elefante rosa”, de Antía Yáñez, e “Eu son Exeria”, de Marisa Vidal Collazo, respectivamente. Aí deixamos un pequeno resumo.
Ler máis
EXPOSICIÓN DE DEBUXO E FOTOGRAFÍA: Instantes

EXPOSICIÓN DE DEBUXO E FOTOGRAFÍA: Instantes

2022, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición INSTANTES, con debuxos de CARMEN CABANEIRO e fotografías de DELACOMBA, que se inaugurará o venres 27 de maio de 2022, ás 19:00 horas, na sala de exposición do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. A mostra poderá ser visitada no horario oficial de apertura do Auditorio dende o día 27 de maio ata o 30 de xuño. “Instantes” é unha mostra de fotografía e debuxo que consta de 32 trípticos (cada un deles con unha fotografía de delaComba, un debuxo a grafito de Carmen Cabaneiro e un elemento natural da Chaira), e 8 sanguinas de Carmen Cabaneiro. En total 40 pezas que tematicamente xiran ao redor do presente e a biodiversidade. Instantes de presente pleno, só un…
Ler máis
DEBATES NECESARIOS: TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

DEBATES NECESARIOS: TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

2022, Actividades, Debates
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas: O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA. Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ. O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS. Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ. Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica…
Ler máis
LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

2022, Actividades, Conmemoracións
Esta mañá, no Espazo Manuel María, ao carón da Casa  da Cultura de Vilalba, e co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado  ao escritor Florencio a Delgado Gurriarán, o IESCHA, como xa ten feito noutras ocasións, agasallou as persoas que por alí pasaron con algunhas das súas publicacións.  Aí vai un resumo fotográfico.
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO: PROXECCIÓN DE “A POETA ANALFABETA” de SONIA MÉNDEZ

CICLO MESTRE MATEO: PROXECCIÓN DE “A POETA ANALFABETA” de SONIA MÉNDEZ

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno a outro documental, A POETA ANALFABETA, dirixido por Sonia Méndez. A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 15 de maio de 2022, ás 20:00 horas.
Ler máis
CONFERENCIA LETRAS GALEGAS 2022 FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: poesía desde o exilio en México

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS 2022 FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: poesía desde o exilio en México

2022, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2022, organiza a conferencia que leva por título “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POESÍA DESDE O EXILIO EN MÉXICO”, que será impartida por MIRO VILLAR, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O acto terá lugar o venres 6 de maio de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A entrada será libre ata completar aforo, coas medidas sanitarias estipuladas.
Ler máis