PROXECCIÓN DE “A VIRXE ROXA”

PROXECCIÓN DE “A VIRXE ROXA”

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIRXE ROXA, de Marcos Nine, documental gañador do Premio Mestre Mateo'22, cotinuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas e gañadoras (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO. 
Ler máis
PROXECCIÓN DE “O GRAN CAMIÑO”

PROXECCIÓN DE “O GRAN CAMIÑO”

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental O GRAN CAMIÑO, de Alba Prol Cid e Raúl García, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 26 de marzo de 2022, ás 20:00 horas SINOPSE:Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO:  UN CORVO EN CALDALOBA de Mª Xosé Lamas

PRESENTACIÓN DO LIBRO: UN CORVO EN CALDALOBA de Mª Xosé Lamas

2022, Actividades, Presentacións libros, Publicacións
O venres 18 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de Mª XOSÉ LAMAS “UN CORVO EN CALDALOBA”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba. Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Antón de Guizán, autor do prólogo do libro; Sofía Naseiro, autora das ilustracións e da cuberta do mesmo, e a autora do libro, Mª Xosé Lamas. Esta publicación, editada polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, fai o número 29 da Colección Biblioteca Chairega.Nunha parte do prólogo, o autor do mesmo, ANTÓN DE GUIZÁN, escribe sobre o libro de María Xosé Lamas: “… UN CORVO EN CALDALOBA, ademais de ser unha excelente obra teatral, é un traballo reivindicativo para reclamo…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

2022, Actividades, Concertos, Presentacións libros, Publicacións
O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos. Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN: Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN: Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE

2022, Actividades, Presentacións libros
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba.  Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
Ler máis

COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

2022, Actividades, Homenaxes
O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.
Ler máis
Programa das  Xornadas Rosalianas en Vilalba

Programa das  Xornadas Rosalianas en Vilalba

2022, Actividades, Xornadas
O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas” cunha decena de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro. As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e imprescindible na nosa cultura.
Ler máis
LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

2022, Actividades, Publicacións
Informamos a@s soci@s do IESCHA que nos vindeiros días empezarán a repartirse, mediante axencia, os lotes correspondentes a este pasado ano e que estarán formados por: Libro CONVERSAS ARREDOR DE XORIMALibro RELATORIOS XORNADAS 2018 E 2019Revista PENA DO ENCANTO, No 11Pequena caixa contendo o USB recompilatorio dos videos da homenaxe “VILALBA, DONA DA CHAIRA” a Manuel María eCalendario 2022 O lote vai acompañado dunha nota informativa na que, á parte de detallar o contido do lote, inclúese unha pequena táboa de datos coa fin de que poidan remitirse ao Iescha todos aqueles cambios que se poideran ter producido con respecto aos aportados inicialmente. Feliz Ano 2022!!! ​
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA (ADIADA)

PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA (ADIADA)

Actividades
O vindeiro 26 de decembro presentarase na capital chairega o libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo os membros da primeira formación despois de corenta anos. Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a citas como o Festival Intercéltico de Lorient. Do seu paso pola historia do folk galego deixaron pegada nun disco gravado en 1985.
Ler máis