MESA REDONDA: O desmantelamento do rural

MESA REDONDA: O desmantelamento do rural

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a mesa redonda “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte do Concello de Begonte e máis da Xunta de Galicia. O acto terá lugar o xoves 29 de abril de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura. Intervirán as seguintes persoas: -Paula Iglesia Ares, secretaria da ANPA do Colexio de Baamonde e portavoz deste colectivo. -Isabel Calvete Carrera, presidenta da Federación de ANPAS de centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e vicepresidenta da Confederación Galega de ANPAS. -Xosé Luís González Farelo, presidente da Asociación de Veciños/as de Baamonde. A entrada será libre ata completar…
Ler máis
Acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación, en Vilalba, da II República

Acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación, en Vilalba, da II República

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, en colaboración co alumnado da Escola Municipal de Teatro e o Concello de Vilalba, celebrará un acto conmemorativo dos 90 anos da proclamación en Vilalba da Segunda República. Terá lugar o día 24 de abril, sábado, ás 12 da mañá, e desenvolverase no templete da Praza da Constitución -se fixese mal tempo levarase a cabo na Casa da Cultura-. En calquera caso, cumprirase estrictamente coa normativa anti-covid estipulada por mor da pandemia; deste xeito, dende o Iescha, seguiremos apostando unha vez máis polo lema: “A cultura é segura”. Foi o 14 de abril de 1931 cando se proclamou a Segunda República española; en Vilalba, uns días máis tarde, exactamente o 24 de abril, celebrouse a proclamación oficial da instauración do novo Réxime. No último Caderno…
Ler máis
CONFERENCIA: Ricardo Carvalho Calero e o galego que podería ter sido, e há de ser

CONFERENCIA: Ricardo Carvalho Calero e o galego que podería ter sido, e há de ser

Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba,  unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba. Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.
Ler máis
Xornadas Museísticas – 2ª sesión

Xornadas Museísticas – 2ª sesión

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía(MUPAV), e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, retoman as XORNADAS MUSEÍSTICAS, que convocaran o 14 e 21 do mes de novembro pasado, e programan agora a segunda sesión que fora adiada por mor da pandemia.Neste ocasión, será o sábado 27 de marzo, de 12:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Biblioteca Municpal de Vilalba. O PROGRAMA desenvólvese da seguinte maneira: SÁBADO 27 DE MARZO de 2021, DE 12:00 A 14:00MESA REDONDA “MUSEO DE ARQUEOLOXÍA E ADMINISTRACIÓN LOCAL” Relatora/es:AURELIA BALSEIRO GARCÍA. Directora do Museo Provincial de Lugo.ÁNGEL VILLA VALDÉS. Arqueólogo do Museo de Arqueoloxía de Asturias.FELIPE ARIAS VILAS. Arqueólogo. Ex director do Museo do Castro de Viladonga.HUGO LOZANO HERMIDA. Licenciado en Historia,…
Ler máis
ENCONTRO CON ALUMNADO DO IES BASANTA SILVA

ENCONTRO CON ALUMNADO DO IES BASANTA SILVA

Actividades
Unha xornada moi gratificante a que disfrutaron Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Manuel C. Santamariña, directivos do Iescha, na visita que realizaron esta mañá ao IES Basanta Silva de Vilalba para contarlles aspectos relacionados coa actividade cultural do Iescha ao alumnado do Grupo de Lectura do Instituto. Dende o Iescha queremos agradecer sinceramente a vosa magnífica acollida. Arriba deixamos unha pequena mostra fotográfica do acto.
Ler máis