PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER. OBRA POÉTICA I. VOLUMES EDITADOS 1970-2006”, DE DARÍO XOHÁN CABANA, CON ALEXANDRA CABANA, CHEMA FELPETO E HENRIQUE ALVARELLOS. 21/05, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro “SEMENTE DE MENCER. Obra poética I. Volumes editados 1970-2006”, de DARÍO XOHÁN CABANA, con edición, estudo e notas de Anxo Angueira. Publicado por Alvarellos Editora, dentro da colección Rescate. O acto contará coa participación de Alexandra Cabana, Chema Felpeto e Henrique Alvarellos, e terá lugar o xoves 21 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. SEMENTE DE MENCER Baixo o título de Semente de mencer publicamos toda a obra poética, editada en libro en vida do autor, de Darío Xohán Cabana (Roás, 1952-Romeán, 2021). Un coidado volume de 746 páxinas, en capa dura, dentro da nosa colección Rescate. E nunha edición, estudo e notas a cargo…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO VOCAL “SON DE CORDA”, CO ACOMPAÑAMENTO DE RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA). AUDITORIO DE VILALBA. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026.

RESEÑA DO CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO VOCAL “SON DE CORDA”, CO ACOMPAÑAMENTO DE RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA). AUDITORIO DE VILALBA. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026.

2026, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O Auditorio Municipal de Vilalba viviu de novo unha noite especial co grupo vocal lucense SON DE CORDA, nesta ocasión co concerto Na casa delas, unha proposta que uniu música e poesía arredor de varias poetas lucenses e da tradición oral galega. O recital foi avanzando cun formato moi pensado: antes de cada bloque facíase unha breve explicación através de videos sobre as escritoras escollidas, Olga Novo, Olalla Cociña, María Mariño, Marica Campo, Xela Arias, Luz Pozo Garza e a tradición oral, algo que axudou a seguir mellor o fío do concerto e a entrar no sentido das cancións.  As voces de Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome e Antón Castro funcionaron con moito equilibrio, alternando momentos máis tranquilos con outros de maior forza coral. O acompañamento ao piano de…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. CON MARISA BARREIRO. ORGANIZADO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. VENRES 8 DE MAIO DE 2026. CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na tardiña deste venres 8 de maio, o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba,  organizou o acto de presentación de Memorias dun porco teixo, o novo libro de Xosé Manuel Felpeto Carballeira, continuando así co compromiso de apoio á creación literaria en galego e ás persoas que, desde distintos ámbitos, contribúen a fortalecer a nosa lingua e a nosa cultura. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, foi a encargada de abrir o acto cunha breve e agarimosa presentación do autor, ao que definiu como unha persoa sempre disposta a colaborar, fondamente implicada no activismo cultural e social, apaixonada pola historia, a lingua, o teatro, a convivencia e o entendemento entre as persoas. Destacou tamén a súa participación en numerosas iniciativas culturais e de divulgación do territorio, así como a súa presenza en…
Ler máis
O IESCHA ORGANIZA O CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO “SON DE CORDA”. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. RESERVA DE LOCALIDADES EN ENTRADASVILALBA.ES

O IESCHA ORGANIZA O CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO “SON DE CORDA”. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. RESERVA DE LOCALIDADES EN ENTRADASVILALBA.ES

2026, Actividades, Concertos
O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o concerto “NA CASA DELAS”, a cargo do cuarteto vocal lucense SON DE CORDA, formado por: Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo).  Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza).  A realizacion de videos corre e cargo de: Manuel Lucas e Alejandro Gándara. O acto terá lugar o domingo 10 de maio de 2026, ás 20:00 horas, no Auditorio Municial de Vilalba. NA CASA DELAS “Na casa delas” é unha proposta que combina música e poesía para render homenaxe a seis figuras fundamentais da literatura galega: Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo. A entrade é de balde, pero haberá que facer a…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 8-05-26, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 8-05-26, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE.

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro MEMORIAS DUN PORCO TEIXO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, publicado na Editorial TRIS TRAM. A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. MOMORIAS DUN PORCO TEIXO “O libro, publicado por Tris Tram, comprende 19 relatos que exploran a condición humana desde diferentes perspectivas. Ao longo das súas páxinas, o autor afonda en temas como as dificultades, a perda, o amor e a dor, mantendo sempre o seu característico enxeño seco. Estes relatos, que xurdiron nun caderno onde o autor rexistrou as súas experiencias, mesturan a tradición oral coa ficción arraigada na realidade. O…
Ler máis
PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026: PRESENTACIÓNS LIBROS, CONCERTOS MUSICAIS, HOMENAXES, PALESTRAS, RUTAS POR GALICIA

PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026: PRESENTACIÓNS LIBROS, CONCERTOS MUSICAIS, HOMENAXES, PALESTRAS, RUTAS POR GALICIA

2026, Actividades, Comunicados
PROGRAMACIÓN DO IESCHA NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026 Presentacións de libros, concertos musicais, homenaxes e apoio ás nosas letras e á nosa lingua, palestras, rutas por Galicia  Venres, 8 de maio20:00 hPresentación libro:Memorias dun porco teixoXosé M. FelpetoCasa da Cultura de Vilalba Domingo, 10 de maio20:00 hConcerto:Na casa delasSon de cordaAuditorio Municipal de Vilalba Domingo, 17 de maio12:00 hPasquín na web e redes:Letras Galegas '26O IESCHA na defensa da lingua galegaE apoiando a manifestación en Santiago de Compostela Xoves, 21 de maio20:00 hPresentación libro:Semente de mencer (Obra poética completa)Darío X. CabanaCon Alexandra CabanaCasa da Cultura de Vilalba Venres, 29 de maio20:00 hPalestra Letras Galegas’26:Begoña CaamañoCon Beatriz Maceda e Marica CampoCasa da Cultura de Vilalba Domingo, 31 de maio9:30 h. Saída de Vilalba hacia Galdo, en ViveiroXIV Ruta por Galicia:Por…
Ler máis
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, O CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA CONVOCAN O X PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE. PRAZO DO 23/04 AO 12/07/2026

2026, Actividades, Premio Agustín Fernández Paz
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, O CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA convocan o X Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, de acordo ás seguintes   BASES Primeira. Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade… Segunda. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables segundo a lexislación vixente. Terceira. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición da obra premiada nos 1.500 primeiros exemplares. Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares. Cuarta. A obra terá unha extensión libre e…
Ler máis
RESEÑAS DOS ACTOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA DESTA SEMANA PASADA: MARTES 14/04/2026, VENRES 17/04/2026 E SÁBADO 18/04/2026. SANTIAGO DE COMPOSTELA E VILALBA (VIDEO RESUME)

RESEÑAS DOS ACTOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA DESTA SEMANA PASADA: MARTES 14/04/2026, VENRES 17/04/2026 E SÁBADO 18/04/2026. SANTIAGO DE COMPOSTELA E VILALBA (VIDEO RESUME)

2026, RESEÑA, Vídeos
PARTICIPACIÓN DO IESCHA E DO CENTRO OCUPACIONAL TERRA CHÁ NAS XI XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL. MARTES 14-04-26. FACULTADE CIENCIAS DA EDUCAICÓN-SANTIAGO DE COMPOSTELA O Instituto de Estudos Chairegos participou nas XI Xornadas de Innovación Educativa Rural celebradas na Universidade de Santiago de Compostela, nun encontro que puxo en valor o papel da escola rural como eixo de cohesión social e cultural. Convidados polo profesor Jesús Rodríguez Rodríguez, a intervención centrouse no asociacionismo e nas relacións tecidas con outras entidades do territorio, destacando a importancia das redes colaborativas para dinamizar a vida cultural e social da comarca da Terra Chá. A charla, conducida por Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, puxo de manifesto o compromiso do Iescha cun modelo participativo e aberto á cidadanía. Un dos momentos máis…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA E NÓS”, DE ALBERTO V. SERANTES. ILUSTRACIÓNS DE ARACELI PAZ. INTERVEÑEN TAMÉN MARISA BARREIRO. SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA E NÓS”, DE ALBERTO V. SERANTES. ILUSTRACIÓNS DE ARACELI PAZ. INTERVEÑEN TAMÉN MARISA BARREIRO. SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro A FABA E NÓS, de ALBERTO V. SERANTES, con ilustraciones de ARACELI PAZ e publicado por FIGURANDO RECORDOS EDICIÓNS. A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o sábado 18 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. A FABA E NÓS “Como moitos outros fixeran antes que eles, esta parella decide aproveitar a oportunidade, deixar a cidade e comezar unha nova vida no campo. Nunha das primeiras noites na súa casa centenaria, unha chamada na porta provoca un camiño de aprendizaxe do que é introducirse nunha comunidade, cómo desmontar os prexuicios propios e, sobre todo, o mellor modo de respectar as costumes dun…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA”, DE ANTÓN BAAMONDE. INTERVEÑEN TAMÉN HENRIQUE SANFIZ E MARISA BARREIRO. VENRES 17-04-26, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA”, DE ANTÓN BAAMONDE. INTERVEÑEN TAMÉN HENRIQUE SANFIZ E MARISA BARREIRO. VENRES 17-04-26, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA, do filósofo e escritor vilalbés ANTÓN BAAMONDE, editado por GALAXIA. Estará acompañado por HENRIQUE SANFIZ, de Radio Fene, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o venres 17 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. AGORA NON É ANTES Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro. Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez,…
Ler máis