REPRESENTACIÓN TEATRAL “A LIORTA” A CARGO DO GRUPO “AVELAÍÑA TEATRO”, COA DIRECCIÓN DE ANTONIO SIMÓN. SÁBADO 13 DE ABRIL DE 2024, ÁS 19:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

REPRESENTACIÓN TEATRAL “A LIORTA” A CARGO DO GRUPO “AVELAÍÑA TEATRO”, COA DIRECCIÓN DE ANTONIO SIMÓN. SÁBADO 13 DE ABRIL DE 2024, ÁS 19:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

2024, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a representación teatral “A LIORTA” a cargo do grupo AVELAÍÑA TEATRO, dirixido por ANTONIO SIMÓN. O acto terá lugar o sábado 13 de abril de 2024, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO. A LIORTA (VOLTAIRE/ROUSSEAU.- Imos presenciar unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos. Acontece no s. XVIII, o Século das Luces, na apoteosis da Ilustración. De contado xurdirá a contenda entre dúas maneiras de entender a vida, o pensamento, a cultura, a sociedade. A refrega será sen tregua, intensa, exaltada. O verbo sagaz voará dun ao outro como…
Ler máis
PRESENTACIÓN DE: “O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA”, DE CARLOS CALLÓN. XOVES 4 DE ABRIL DE 2024, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA.

PRESENTACIÓN DE: “O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA”, DE CARLOS CALLÓN. XOVES 4 DE ABRIL DE 2024, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA.

2024, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación, organiza a acto de presentación de “O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA”, de CARLOS CALLÓN (Doutor en Estudos Linguísticos e Literarios do Galego e do Portugués).  O acto terá lugar o xoves 4 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO) O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA.- Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un…
Ler máis
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NA GALA DE ENTREGA DOS XXII PREMIOS MESTRE MATEO CELEBRADA NO COLISEO DA CORUÑA O SÁBADO 23 DE MARZO DE 2024, CONVIDADO POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIVISUAL

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NA GALA DE ENTREGA DOS XXII PREMIOS MESTRE MATEO CELEBRADA NO COLISEO DA CORUÑA O SÁBADO 23 DE MARZO DE 2024, CONVIDADO POLA ACADEMIA GALEGA DO AUDIVISUAL

2024, Cine, FOTOS, PREMIOS MESTRE MATEO, Vídeos
Este pasado sábado 23 de marzo, o Instituto de Estudos Chairegos foi invitado pola Academia Galega do Audivisual (con quen estamos colaborando dende hai varios anos) a presenciar en directo a Gala da XXII edición dos Premios Mestre Mateo. Foi no Coliseo coruñés, acollendo a máis de 2.000 persoas, onde se desenvolveu esta Gala, con claras mensaxes reivindicativas a favor da lingua, a favor da muller, do rexeitamento ao acoso sexual, de apoio ao cese da masacre contra Palestina, en defensa dos dereitos dos diferentes colectivos, en defensa pola liberdade de expresión e comunicación dos medios da TV. Os diferentes discursos que se foron producindo estiveron cargados de compromiso e alzaron a voz contra a intolerancia, a censura e a retirada do apoio económico, facendo especial énfase na defensa do…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DA NOVELA: “BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. CASA DA CULTURA, VENRES 22-03-24(GALERÍA FOTOGRÁFICA E VIDEO)

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DA NOVELA: “BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. CASA DA CULTURA, VENRES 22-03-24(GALERÍA FOTOGRÁFICA E VIDEO)

2024, FOTOS, Presentacións libros, Vídeos
A presentación de "Blanco xiz tirando a negro", a novela escrita por Xosé Manuel Felpeto Carballeira, levada a cabo na Casa da Cultura de Vilalba na noite deste venres 22 de marzo, nun acto organizado polo Iescha, transformouse nunha animada conversa entre o seu autor e a presentadora do acto, Marisa Barreiro, centrada fundamentalmente en poñer en valor os personaxes e as súas historias dentro da obra, así como as difíciles traxectorias dalgúns deles. Tamén se destacou a influencia do cine no libro. Foi unha charla amena e relaxada, realizada nun ambiente distendido, e que dende o Iescha agradecemos sinceramente tanto a Xosé Manuel Felpeto, autor do libro, como á nosa presidenta Marisa Barreiro. Moitas grazas tamén ao público asistente. Ata a próxima!!! VIDEO RESUME DO ACTO: https://www.facebook.com/watch?v=378987671572400
Ler máis
PRESENTACIÓN DA NOVELA DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA “BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO”. VENRES 22 DE MARZO DE 2024-20:00 H. CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DA NOVELA DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA “BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO”. VENRES 22 DE MARZO DE 2024-20:00 H. CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación, organiza a acto de presentación da novela “BRANCO XIZ TIRANDO A NEGRO”, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, actor e escritor. O acto terá lugar o venres 22 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. Entrada libre ata completar aforo. SINOPSEUn corpo cae ao baleiro, leva un camisón branco cunhas flores azuis e malvas case inapreciábeis, penduran del fitas que fan debuxos deformes asemellando farrapos movidos polo vento coma monstros. Con certa maridanza saúdan o etéreo e inerte espazo na súa vertixinosa caída, coma un monicreque que quixese buligar cos sons dunha grande orquestra. Escoito lamentos, calmos lamentos que se distancian de min mergullados nunha brétema choromiqueira; ruído que non identifico, murmurios afundidos nun resón molesto.…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR: MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA, MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15 DE MARZO. CASA DA CULTURA (FOTOS E VIDEO RESUME)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR: MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA, MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15 DE MARZO. CASA DA CULTURA (FOTOS E VIDEO RESUME)

2024, Conferencias, FOTOS, RESEÑA
Na noite deste venres 16 de marzo, na Casa da Cultura de Vilalba tivo lugar a conferencia organizada polo IESCHA: “Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña” impartida por Guillermina Domínguez. Abriu o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen, unha vez máis, condenou a masacre que está a sufrir o pobo palestino en Gaza, convidando tamén ao público presente a visitar a exposición que sobre Palestina que permanece aberta aínda na sala contigua. A continuación, presentou á conferenciante, Guillermina Domínguez, de quen salientou o seu compromiso diario coa loita feminista. Guillermina Domínguez comezou a súa intervención abordando a longa historia das mulleres, consideradas sempre como unha minoría. Salientou como, en época medieval, a igrexa conformaba arquetipos femininos subordinados á superioridade masculina, ou como…
Ler máis
EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE ROSALÍA”. SALA AUDITORIO MUNICIPAL-VILALBA, DENDE LUNS 18 ATA DOMINGO 31 DE MARZO. ORGANIZA O IESCHA COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO E DO CONCELLO DE VILALBA

EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE ROSALÍA”. SALA AUDITORIO MUNICIPAL-VILALBA, DENDE LUNS 18 ATA DOMINGO 31 DE MARZO. ORGANIZA O IESCHA COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO E DO CONCELLO DE VILALBA

2024, Actividades, Exposicións
A partir do luns 18 e ata o domingo 31 de marzo de 2024, poderase contemplar no Auditorio Municipal de Vilalba a exposición ‘O Herbario de Rosalía’, unha mostra con 40 imaxes do Herbario real realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza. Está organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Vilalba. A exposición amosa 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de…
Ler máis
IX RUTA CULTURAL AO CARBALLIÑO: MUSEO E CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS, MOLDES, PAZOS DE ARENTEIRO, TEMPLO DA VERACRUZ. DOMINGO 7 DE ABRIL-SAÍDA 9:00 CASA DA CULTURA

IX RUTA CULTURAL AO CARBALLIÑO: MUSEO E CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS, MOLDES, PAZOS DE ARENTEIRO, TEMPLO DA VERACRUZ. DOMINGO 7 DE ABRIL-SAÍDA 9:00 CASA DA CULTURA

2024, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a IX Ruta Cultural polas terras de O CARBALLIÑO, prevista para o domingo 7 de abril de 2024 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor, nado en O Carballiño.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.   A continuación, viaxe Vilalba – O Carballiño con breve parada técnica na vila do Carballiño, para deseguido visitar o Castro e Museo de San Cibrao das Las, en San Amaro. De volta a O Carballiño, terá lugar o xantar no Restaurante DERBY, sobre as 14 horas. O menú será a base de: ENTRANTES AO CENTRO DA MESA: Empanada caseira e polbo.SEGUNDO: Carne ao caldeiro.SOBREMESA: Brazo de xitano caseiro.BEBIDAS: Viño, gaseosa, auga e café (non entran outras bebidas). Pola tarde, visita a Moldes e Pazos de Arenteiro, en Boborás, espazos vencellados a vida de Lousada…
Ler máis
RESEÑA DA CHARLA IMPARTIDA POR IVÁN PRADO “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA NA CASA DA CULTURA DE VILALBA ESTE MARTES 12 DE MARZO. (GALERÍA E VIDEO)

RESEÑA DA CHARLA IMPARTIDA POR IVÁN PRADO “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA NA CASA DA CULTURA DE VILALBA ESTE MARTES 12 DE MARZO. (GALERÍA E VIDEO)

2024, FOTOS, Vídeos
O acto que na noite deste martes 12 de marzo organizou o Iescha  non só buscaba analizar e comprender a situación de agravio e inxustiza na que se atopa o pobo Palestino, senón reafirmar unha vez máis o  compromiso do IESCHA coa defensa dos seus dereitos  e a búsqueda dunha solución xusta e duradeira para o conflito nesa rexión, tal e como ven reivindicando acto tras acto, dende que comezou o mesmo Marisa Barreiro, residenta do IESCHA E foi Marisa Barreiro a que tomo a palabra en primero lugar para facer a presentación de Iván Pérez, compoñente de Pallasos en Rebeldía, relatando con emotividade diversas anécdotas e circunstancias que o conduciron polo fantástico camiño da palabra, do humor e do sorriso, agradecéndolle a súa presenza neste significativo acto complementario e enmarcado tamén na exposición “Voces…
Ler máis
CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ: “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15/03  20:00H. CASA DA CULTURA

CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ: “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15/03 20:00H. CASA DA CULTURA

2024, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por GUILLERMINA DOMÍNGUEZ sobre “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”, e será presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. A conferencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro “Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións.  “O libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira, unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delas hai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas de facer…
Ler máis