VIDEO-RESUME DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA INSCRICIÓN NUNHA LOUSA DA PRAZA EN HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO

VIDEO-RESUME DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA INSCRICIÓN NUNHA LOUSA DA PRAZA EN HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO

2022, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Non podía escollerse un mellor acto por parte do IESCHA para rematar este ano 2022: unha merecida homenaxe a Bernardo García Cendán cando se cumplen dez anos do seu pasamento, inaugurando unha incrición nunha das lousas da praza da Igrexa, esa praza que tantas veces el percorreu. E parece como se o tempo fixese unha paréntese entre tanta choiva e nos agasallara cunha fermosa mañá (algo ventosa) para lembrar ao noso benquerido Bernardo. Porque diso se trataba: recordar, loubar, añorar, por en valor … ao intelectual, ao escritor, ao crego, ao compañeiro… ao amigo. E a fe que se conseguiu. Coa presenza de familiares e xente amiga; coa colaboración de Icía Cortiñas e Sara Puentes, interpretando dúas fermosas pezas á guitarra e á frauta; co recitado de máis de catorce…
Ler máis
HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO-SÁBADO 31 DE DECEMBRO DE 2022, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA

HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO-SÁBADO 31 DE DECEMBRO DE 2022, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA

2022, Actividades, Homenaxes
O sábado 31 de decembro de 2022, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) levará a cabo a inauguración da inscrición conmemorativa nunha das lousas da praza (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”) cando se cumplen dez anos do pasamento do benquerido BERNARDO GARCÍA CENDÁN. O acto terá tamén un apartado poético (no que poderán participar todas as persoas que o desexen) co recitado de poemas do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán dúas alumnas do Conservatorio vilalbés: Icía Saavedra Cortiñas, coa guitarra, e Sara Puentes Antas, coa frauta.    
Ler máis
ADIADA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VILAMOR”, DE IGNACIO VILAR, PREVISTA PARA O MÉRCORES 28 DE DECEMBRO NO CAMPO DA FEIRA EN AUTOCINE.

ADIADA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VILAMOR”, DE IGNACIO VILAR, PREVISTA PARA O MÉRCORES 28 DE DECEMBRO NO CAMPO DA FEIRA EN AUTOCINE.

2022, Actividades, Cine
ADIADA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA  VILAMOR DE IGNACIO VILAR PREVISTA PARA O MÉRCORES 28 DE DECEMBRO DE 2022 - 20:00 HORAS NO CAMPO DA FEIRA DE VILALBA Queda adiada a película VILALMOR prevista para o mércores 28 de decembro de 2022, ás 20:00 horas, no Campo da Feira de Vilalba. SIPNOSE Baseado en feitos reais Mentres a nave Enterprise comeza a súa viaxe espacial, as Mothers of May marchan por primeira vez en Bos Aires e Star Wars enche os cines de todo o mundo, nun lugar marabilloso e remoto de Galicia –recén rematado pola ditadura franquista– o tempo detense e comeza un soño. Breixo, un mozo seminarista atópase cos habitantes dunha comuna próxima á súa aldea, ao outro lado do río. Breixo déixase seducir polo ideal dunha vida alternativa e axuda aos…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE BRAIS LAMELA “NINGUÉN QUEDA”, EDITADO POR “EUSEINO?, CON MARISA BARREIRO E XABIER CORDAL. (VIDEO-RESUME)

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE BRAIS LAMELA “NINGUÉN QUEDA”, EDITADO POR “EUSEINO?, CON MARISA BARREIRO E XABIER CORDAL. (VIDEO-RESUME)

2022, Vídeos
Hoxe, na Casa da Cultura de Vilalba, o IESCHA organizou a presentación do libro de Brais Lamela “NINGUÉN QUEDA”. Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, abriu o acto dando a palabra a Brais Lamela, o autor do libro, e a Xabier Cordal, profesor e escritor, que a xeito de conversa amena e distendida, souberon transmitir ao público asistente algúns dos aspectos máis significativos deste libro que xa vai pola 5º edición. Parabéns a Brais polo seu magnífico traballo, e a Xabier pola lucida introdución inicial e conversa posterior co autor. Dende o Iescha, o noso agradecemento, que facemos extensivo ao público que encheu a Casa da Cultura. https://youtu.be/hwJ8iA6bk3c
Ler máis
ENCONTRO CON BRAIS LAMELA ARREDOR DO SEU LIBRO “NINGUÉN QUEDA” – EDITADO POR “EUSEINO? – 15-12-22, 20:OOH., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

ENCONTRO CON BRAIS LAMELA ARREDOR DO SEU LIBRO “NINGUÉN QUEDA” – EDITADO POR “EUSEINO? – 15-12-22, 20:OOH., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2022, Actividades, Presentacións libros
ENCONTRO CON  BRAIS LAMELA ARREDOR DE “NINGUÉN QUEDA” Xoves 15 de decembro de 2022 - 20:00 h. CASA DA CULTURA DE VILALBA O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado por EUSEINO? “NINGUÉN QUEDA”, do que é autor BRAIS LAMELA. O acto terá lugar o xoves 15 de decembro de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e contará tamén coa presentación de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, en diálogo co poeta Xabier Cordal e co autor do libro, Brais Lamela. NINGUÉN QUEDA, de Brais Lamela ISBN 978-84-121580-8-3 EUSEINO? Col. Rúa do Lagarto 2 Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “JACINTO”, DE JAVI CAMINO  AUDITORIO DE VILALBA-3-12-22, ÁS 20 H.

CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “JACINTO”, DE JAVI CAMINO AUDITORIO DE VILALBA-3-12-22, ÁS 20 H.

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, pon fin ás proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, trátase da película “JACINTO”, dirixida por Javi Camino, A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 3 de decembro de 2022, ás 20:00 horas.                  SINOPSE: Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea  abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica…
Ler máis
VIDEO-RESUME DAS XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – 25 E 26 DE NOVEMBRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA

VIDEO-RESUME DAS XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – 25 E 26 DE NOVEMBRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA

2022, Vídeos, Xornadas
Xornadas moi interesantes, motivadoras e suxerentes as organizadas polo Iescha e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba, durante a tarde do venres e a mañá deste sábado, na Casa da Cultura.    Durante este dous días asistimos a un amplo e variado programa sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero, onde relatoras e relatores, a través de conferencias, charlas, debates, proxeccións, roteiros guiados, exposicións, etc., deixaron boa mostra de infinidade de aspectos interesantes para o debate e para a análise, partindo do que houbo, do que hai e do que se pretende que haxa.  Moitas grazas e moitos parabéns, polo tanto (e por tanto!), a Cristina Palacios, a Jesús Castro, a Carme Adán, a Quique Latorre, a Erik Dopazo, a Enzo Sarmiento, a Laura Cadenas, a José Manuel Rodríguez…
Ler máis
XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – VENRES 25 E SÁBAD0 26 DE NOVEMBRO DE 2022 – CASA DA CULTURA DE VILALBA

XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – VENRES 25 E SÁBAD0 26 DE NOVEMBRO DE 2022 – CASA DA CULTURA DE VILALBA

2022, Actividades, Xornadas
O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 25 e 26 de novembro de 2022 co seguinte programa:
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS” NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O XOVES 17 DE NOVEMBRO (VIDEO RESUMO FOTOGRÁFICO)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS” NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O XOVES 17 DE NOVEMBRO (VIDEO RESUMO FOTOGRÁFICO)

2022, Vídeos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e Nova Poesía Guitírica (NPG) organizaron onte na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro, editado por CHAN DA PÓLVORA “PALMEIRAS E PIUEIROS”, do que é autor ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.  O acto contou tamén coa presenza e as intervención de Mª Xosé Lamas, en representación da Nova Poesía Guitírica, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A morte da palmeira de Manselle (un verdadeiro emblema do lugar natal do seu autor) é a orixe deste fermoso libro de poemas de Anxo Angueira, ao que sempre é un placer escoitalo, e que, entre outras moitas cousas, nos comentou que o libro pretende ser unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia. Tanto dende o IESCHA como dende a…
Ler máis
PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRES” DE JUANJO GIMÉNEZ, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2022 – 19/11/22, ÁS 20:00 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRES” DE JUANJO GIMÉNEZ, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2022 – 19/11/22, ÁS 20:00 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “TRES”, dirixida por Juanjo Giménez, e que resultou ser a longametraxe gañadora desta edición. A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 horas. SINOPSE: C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a…
Ler máis