ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AO ESCRITOR LOIS PÉREZ GAÑADOR POLO SEU LIBRO “A GRUTA DA TORRE”
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, LOIS PÉREZ, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, que terá lugar o sábado, día 22 de outubro de 2022, ás 20:00horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e LOIS PÉREZ, gañador do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe… Para elo, contamos coa participación de: DÚO PASAXES, Pablo del Valle e Marcos Sachin Novo, percusionistas AS MOUCHAS, alumnas…









