PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA

2022, Actividades, Concertos, Presentacións libros, Publicacións
O sábado 19 de marzo de 2022 é a nova data fixada (despois de terse adiado a do 26 de decembro de 2021) para a presentación na capital chairega do libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado no ano 2020 polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura/Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo aos membros da primeira formación despois de corenta anos. Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN: Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN MEILÁN: Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE

2022, Actividades, Presentacións libros
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. LOITA, RESISTENCIA E MORTE”, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba.  Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
Ler máis

COLOCACIÓN DO MONÓLITO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

2022, Actividades, Homenaxes
O sábado, día 12 de febreiro de 2022, ás 13 horas, tivo lugar o acto de inauguración do Parque Rosalía De Castro, nome aprobado polo Concello de Vilalba atendendo unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos. No referido acto, levarase a cabo a colocación dun monólito en homanaxe a Rosalía, obra do canteiro José Gómez de Bernardo "Pepón", e que foi doado polo Iescha ao pobo de Vilalba.
Ler máis
Programa das  Xornadas Rosalianas en Vilalba

Programa das  Xornadas Rosalianas en Vilalba

2022, Actividades, Xornadas
O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas” cunha decena de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro. As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e imprescindible na nosa cultura.
Ler máis
LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

2022, Actividades, Publicacións
Informamos a@s soci@s do IESCHA que nos vindeiros días empezarán a repartirse, mediante axencia, os lotes correspondentes a este pasado ano e que estarán formados por: Libro CONVERSAS ARREDOR DE XORIMALibro RELATORIOS XORNADAS 2018 E 2019Revista PENA DO ENCANTO, No 11Pequena caixa contendo o USB recompilatorio dos videos da homenaxe “VILALBA, DONA DA CHAIRA” a Manuel María eCalendario 2022 O lote vai acompañado dunha nota informativa na que, á parte de detallar o contido do lote, inclúese unha pequena táboa de datos coa fin de que poidan remitirse ao Iescha todos aqueles cambios que se poideran ter producido con respecto aos aportados inicialmente. Feliz Ano 2022!!! ​
Ler máis