
RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE MIGUEL RIAÑO “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILEIROS NOS MONTES DE CASAIO” , ORGANIZADO POLO IESCHA
Na tarde noite deste venres, 2 de xuño, o Iescha organizou, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección de “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO” DE MIGUEL RIAÑO ROA, quen, a través de testemuñas conmovedoras e de imaxes cautivadoras, foinos revelando como os guerrilleiros antifranquistas se moveron por esta zona, agochándose en “chozos” e enfrontándose a infinidade de desafíos e perigos na súa loita pola libertade. Unha vez rematada a proxección do documental, o seu director, Miguel Riaño, tras ser presentado por Sabela Figueira, vicepresidenta do Iescha, participou nun interesante coloquio coa intervención de varios asistentes e recibindo un merecido aplauso final polo seu magnífico traballo. Nós, dende o Iescha, unímonos a ese aplauso e agradecémoslle sinceramente a súa presencia no acto Moitas grazas tamén…