
ACTO DE ENTREGA DO VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A PABLO NOGUEIRA POR “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”. SÁBADO 2-12-2023, 20:00 H., AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador,PABLO NOGUEIRA, polo seu libro “RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO”, que terá lugar o sábado, día 2 de decembro de 2023,ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e PABLO NOGUEIRA, gañador do VI Premio Agustín Fernández Paz. Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe… Para elo, contaremos coa participación de: LAMBE LAMBE: “A fala das do Miño” e Caroi CORREDORES DE SOMBRA:…