PROXECCIÓN DE “SICA” DE CARLA SUBIRANA. PROMOVIDA POR @VICEDELUGO-CICLO #CINENARUA. XOVES 24 AGOSTO-PARQUE ROSALÍA DE CASTRO-VILALBA, ÁS 22:00 H.

PROXECCIÓN DE “SICA” DE CARLA SUBIRANA. PROMOVIDA POR @VICEDELUGO-CICLO #CINENARUA. XOVES 24 AGOSTO-PARQUE ROSALÍA DE CASTRO-VILALBA, ÁS 22:00 H.

2023, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), participa no CICLO DE CINE NA RÚA convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película SICA de Carla Subirana, que terá lugar no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA o xoves 24 de agosto, ás 22:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. SICA Sinopse: Sica (14) está obsesionada con que o mar devolva o corpo de seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte, Galicia. Mentres percorre os cantís coñece a Suso (15), ‘o Cazatormentas’, un mozo raro coma ela que agarda a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do acci-dente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, a vila mariñeira onde ela medrou, marcada pola brutalidade do seu océano e o crecente…
Ler máis
II CONCERTO DE VERÁN. ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL GALEGO “BOROA”. O VENRES 18 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 22:00 HORAS, NO TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA 

II CONCERTO DE VERÁN. ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL GALEGO “BOROA”. O VENRES 18 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 22:00 HORAS, NO TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA 

2023, Actividades, Concertos
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o II COCERTO DE VERÁN, coa actuación do grupo musical galego BOROA, que terá lugar o venres 18 de agosto de 2023, ás 22:00 h., no Templete da Música de Vilalba. Boroa presenta “O Clásico Fol” neste ano 2023.  A banda, liderada por Sabela Olivares, amosa o seu primeiro traballo discográfico cun proxecto que xira ao redor da funcionalidade e a versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI. Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construíndo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do atlántico, que parte da nosa raíz e se achega a harmonías de diferentes xéneros musicais como o swing, o…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE MARISA VIDAL COLLAZO “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”. VENRES 30 DE XUÑO DE 2023. (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE MARISA VIDAL COLLAZO “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”. VENRES 30 DE XUÑO DE 2023. (VIDEO-RESUME)

2023, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias, RESEÑA, Vídeos
Este venres, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, tivo lugar a conferencia “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA” impartida por MARISA VIDAL COLLAZO, profesora, escritora, teóloga e feminista galega, que facía a número cinco dentro do ciclo MULLERES GALEGAS. Tras a presentación a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA, a conferenciante deu comezo introducindo o tema e falando das inquietudes de Exeria, unha muller da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae, na que narra unha viaxe a Terra Santa, unha aventureira total no século IV. MARISA VIDAL foi desenrolando pormenorizadamente as principais liñas da conferencia falando do itinerario de Exeria, dos seus feitos, da súa figura, da súa curiosidade e da súa experiencia relixiosa en Terra Santa, abordando outros temas como o movemento…
Ler máis
XX RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS TERRAS DE GUITIRIZ. RUTA DO RÍO REQUEIXO. DOMINGO 9 DE XULLO DE 2023. SAÍDA EN AUTOBÚS HACIA ROCA ÁS 9:30 DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA

XX RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS TERRAS DE GUITIRIZ. RUTA DO RÍO REQUEIXO. DOMINGO 9 DE XULLO DE 2023. SAÍDA EN AUTOBÚS HACIA ROCA ÁS 9:30 DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Rutas
O domingo 9 de xullo de 2023, o IESCHA organiza a XX RUTA CHAIREGA que recorrerá nesta ocasión as terras de Guitiriz, pola Ruta do Río Requeixo. DESCRICIÓN “O inicio oficial da ruta é a Ponte de Roca, preto de onde o río se une ao Parga, á altura da casa dos peóns camineros, entre os puntos quilómetros 533 e 534 da N-6. Hai paneis sobre o río e achados, xacementos ou construcións da zona. Outros ofrecen datos dos muíños (Novos, Chispa, A Casanova, da Locencia, de Merra de Abaixo, Ponte Barreiro) erguidos entre o XIX e o XX, dos regatos (de Parga, Illó, do Mato) e das pontes e pasos de pedra... A Ruta do Río Requeixo de Guitiriz ten como sinais de identidade a natureza envolvente e atemporal, as estruturas construídas polos veciños da zona ao…
Ler máis
CONFERENCIA DE MARISA VIDAL COLLAZO “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”-CICLO MULLERES GALEGAS. VENRES 30 DE XUÑO, 20:00

CONFERENCIA DE MARISA VIDAL COLLAZO “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”-CICLO MULLERES GALEGAS. VENRES 30 DE XUÑO, 20:00

2023, Actividades, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 30 de xuño de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”, a cargo de MARISA VIDAL COLLAZO, profesora, escritora, teóloga e feminista galega, a partir dun libro da súa autoría que leva o mesmo título. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.  Esta será a quinta conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación…
Ler máis
 PROXECCIÓN DA PELÍCULA “CÓDIGO EMPERADOR”, DE JORGE COIRA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023. SÁBADO 24 DE XUÑO, ÁS 20:00 NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

 PROXECCIÓN DA PELÍCULA “CÓDIGO EMPERADOR”, DE JORGE COIRA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023. SÁBADO 24 DE XUÑO, ÁS 20:00 NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película CÓDIGO EMPERADOR, de JORGE COIRA, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 24 DE XUÑO DE 2023, ás 20:00 horas.  SINOPSEJuan traballa para os servizos secretos; co fin de ter acceso ao chalet dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy, a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza…
Ler máis
RESEÑA DA PROXECCION DA PELÍCULA “VALENTINA”, DE CHELO LOUREIRO. LUNS 19 DE XUÑO. AUDITORIO DE VILALBA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023 (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PROXECCION DA PELÍCULA “VALENTINA”, DE CHELO LOUREIRO. LUNS 19 DE XUÑO. AUDITORIO DE VILALBA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023 (VIDEO-RESUME)

2023, Cine, RESEÑA, Vídeos
Este luns, 19 de xuño, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, programou a proxección da película VALENTINA, de Chelo Loureiro, dentro do Ciclo Premios Mestre Mateo 2023. Para o IESCHA foi unha xornada especial a deste luns. A proxección de "Valentina" ía destinada exclusivamente ao alumnado de Infantil e de 1º de Primaria, no seu caso, dos centros escolares: ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL, CEIP MATO VIZOSO, CEIP MONSEIVANE-MOREDA E CEIP INSUA BERMÚDEZ. E cremos que foi todo un acerto e todo un éxito. A ilusión que se podía ver nas caras das alumnas e alumnos foi realmente contaxiosa. Durante a proxección, os pequenos bailaron, cantaron e…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ÚLTIMO DE ARGANEO”, DE DAVID VÁZQUEZ. XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ÚLTIMO DE ARGANEO”, DE DAVID VÁZQUEZ. XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Cine
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), con apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a proxección do documental O ÚLTIMO DE ARGANEO, de DAVID VÁZQUEZ, e terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza do seu director, David Vázquez. SINOPSE Despois de levar a vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez, de 24 anos, decide volver ao monte e dedicarse a pastorear un rabaño de cabras. Co recordo dos seus avós moi presente, "O último de Arganeo" recolle a historia de Edilberto, un mozo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións de lugares deshabitados e as lembranzas dunha forma de vida ao borde da extinción. DAVID VÁZQUEZ Técnico de…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ E ALBA DÍAZ – VENRES 16 DE XUÑO CASA DA CULTURA  (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ E ALBA DÍAZ – VENRES 16 DE XUÑO CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME)

2023, Presentacións libros, RESEÑA, Vídeos
Na tarde-noite deste venres, 16 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, levouse a cabo a presentacion do libro LUGO PHILADELPIA, con poesías de LOIS PÉREZ e fotografías de ALBA DÍAZ, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, e presentado por Marisa Barreiro. A música, a fotografía e a poesía fusionáronse nun escenario cheo de maxia. Os recitados de Alba e Lois enlazábanse coas notas musicais da guitarra de Lois (pai), unhas veces, e do teclado de Lois (fillo), outras. Voces e notas que resoaban con forza apoiadas tamén nas imaxes fotográficas da pantalla transportándonos ás calles e barrios de Nova York e Filadelfia, inmersos no corazón desas cidades, sentindo a súa enerxía e a súa maxia en cada foto, en cada nota, en cada…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO’23-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VALENTINA” DE CHELO LOUREIRO-LUNS 19 DE XUÑO-11:30 H.-AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

CICLO MESTRE MATEO’23-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VALENTINA” DE CHELO LOUREIRO-LUNS 19 DE XUÑO-11:30 H.-AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película VALENTINA, de CHELO LOUREIRO, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o LUNS 19 DE XUÑO DE 2023, ás 11:30 horas. Nesta ocasión irá destinada exclusivamente ao alumnado de Infantil e 1º de Primaria dos centros escolares do Concello de Vilalba. SINOPSE Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao…
Ler máis