
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DE “TINTA DE FOL”, DE SABELA OLIVARES, DAVID CUENCE E GRUPO BOROA. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 16-01-2024. (RESUME FOTOGRÁFICO)
Na noite deste martes, 16 de xaneiro, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a presentación de "Tinta de Fol" (exposición, libro, música e pintura) organizado polo Instituto de Estudos Chairegos. O acto comezou, unha vez máis, coa enérxica condena, manifestada por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, á masacre e ao xenocidio que está a sufrir o pobo palestino en Gaza. Logo, despois de detallar algúns aspectos relacionados coa montaxe do acto, deu paso a Sabela Olivares, compositora e intérprete, para introducirnos na esencia da publicación e da exposición "Tinta de Fol", unha iniciativa xestada polo grupo Boroa, tentando fusionar disciplinas artísticas como a música e a pintura... Un reto que, neste caso, deu lugar ao libro e á exposición: partitura, debuxo, audio... Música e pintura fusionándose brillantemente. Despois, os…