A EXPOSICIÓN “LÉVAME A IDEA”, DE LAURA VARELA IRIA VILLARES, VANESA SISO E NAVÍOS E FOLERPAS SL, PÓDESE VISITAR NA ESCOLA HABANEIRA DE GUITIRIZ DENDE O 5 DE FEBREIRO ATA O 15 DE MARZO DE 2026.

A EXPOSICIÓN “LÉVAME A IDEA”, DE LAURA VARELA IRIA VILLARES, VANESA SISO E NAVÍOS E FOLERPAS SL, PÓDESE VISITAR NA ESCOLA HABANEIRA DE GUITIRIZ DENDE O 5 DE FEBREIRO ATA O 15 DE MARZO DE 2026.

2025, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Guitiriz, presentan na Escola Habaneira de Guitiriz a exposición LÉVAME A IDEA, unha mostra composta por once paneis que propón unha aproximación á música de tradición oral galega a través do labor das súas creadoras e divulgadoras. A exposición pon o foco no papel esencial das mulleres na creación, conservación e transmisión deste patrimonio cultural inmaterial, salientando a súa contribución histórica e contemporánea á identidade musical de Galicia. LÉVAME A IDEA, de Laura Varela, Iria Villares, Vanesa Siso e Navíos e Folerpas SL, naceu (durante as II Xornadas sobre Patrimio Inmaterial organizadas polo Iescha, coa coolaboración do Consello da Cultura Galega e o Concello de Vilalba, no mes de novembro de 2025) coa vontade de dar…
Ler máis
PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA PARA O MES DE FEBREIRO, O MES DE ROSALÍA DE CASTRO: EXPOSICIÓN, ACTIVIDADE NOS COLES, PALESTRA, OFRENDA E LECTURA ABERTA, CONCERTO…

PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA PARA O MES DE FEBREIRO, O MES DE ROSALÍA DE CASTRO: EXPOSICIÓN, ACTIVIDADE NOS COLES, PALESTRA, OFRENDA E LECTURA ABERTA, CONCERTO…

2025, Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos ten prevista a realización das seguintes actividades durante o mes de febreiro, o mes onde homenageamos a Rosalía de Castro: VENRES · 6 DE FEBREIRO Dende o 6/02 ao 27/02 Exposición ROSALÍA. Proclamar ao mundo que Galiza existe Textos: Francisco Rodríguez Debuxos: Pepe Carreiro Sala Auditorio Vilalba VENRES · 20 DE FEBREIRO 20:00 h Palestra sobre ROSALÍA. Proclamar ao mundo que Galiza existe por FRANCISCO RODRÍGUEZ (autor dos textos da exposición) Sala Auditorio Vilalba LUNS · 23 DE FEBREIRO 12:30 h Ofrenda e lectura aberta en homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO No Parque Rosalía de Castro (Homenaxe do IESCHA no Día de Rosalía) SÁBADO · 28 DE FEBREIRO 20:30 h Concerto EN FEMININO Cancións con nome de muller Por CARLOS GÓMEZ OSA Co acompañamento de:…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. CON LECTURAS E MÚSICA. CORREDORES DE SOMBRA E LAMBE LAMBE- DOMINGO 28/12/25, A CARÓN DA LOUSA NA SÚA LEMBRANZA

RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. CON LECTURAS E MÚSICA. CORREDORES DE SOMBRA E LAMBE LAMBE- DOMINGO 28/12/25, A CARÓN DA LOUSA NA SÚA LEMBRANZA

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A mañá deste domingo, 28 de decembro, foi moito máis ca un acto: foi un encontro co recordo, coa palabra e coa emoción. Na ágora vilalbesa, ao pé da placa que garda o nome de Bernardo García Cendán e fronte á casa onde a súa familia deixou raíces, o IESCHA convocounos para renderlle unha sentida homenaxe, chea de cariño, de música e de memoria viva. As primeiras palabras chegaron da man da presidenta, Marisa Barreiro, quen nos convidou a situarnos non só no espazo físico senón tamén no simbólico. Alí, onde Bernardo está presente, evocouse a súa figura como exemplo de tolerancia, diálogo, capacidade de escoita e de concordia. Valores fondamente humanos que contrastan coa dureza do mundo actual, marcado pola inxustiza, os conflitos e as guerras, e que fan…
Ler máis
VIDEO-RESUMO DA ACTIVIDADE LEVADA A CABO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DURANTE ESTE ANO 2025, ANO DA CONMEMORACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO IESCHA (2000-2025)

VIDEO-RESUMO DA ACTIVIDADE LEVADA A CABO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DURANTE ESTE ANO 2025, ANO DA CONMEMORACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO IESCHA (2000-2025)

2025, Actividades, Vídeos
Ao longo de 2025, o IESCHA levou adiante unha programación que dende a Xunta Directiva valoramos como intensa e diversa. O video resumo que acompaña esta reseña recolle unha boa parte do traballo desenvolvido, e dá conta da cantidade e variedade de actos que marcaron o ano. Cómpre destacar, antes de nada, que 2025 foi un ano especialmente significativo ao coincidir coa conmemoración do 25 aniversario da fundación do IESCHA. A creación dun logotipo conmemorativo, deseñado por Xurxo Insua; a organización dun concerto, o do grupo “A Banda da Loba” (patrocinado pola Área de Cultura–Vicepresidencia da Deputación), a exposición “Retratos”, a cargo de Pedro Cabarcos; a edición dun número extraordinario do Boletín Pena do Encanto, no que colaboraron distintas persoas e entidades, entre outros actos, serviron tanto para celebrar o…
Ler máis
HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. DOMINGO 28 DE DECEMBRO DE 2025, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA CONMEMORATIVA

HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. DOMINGO 28 DE DECEMBRO DE 2025, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA CONMEMORATIVA

2025, Actividades, Homenaxes
O domingo 28 de decembro de 2025, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XIII Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrición conmemorativa inaugurada hai tres anos (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”). O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán os grupos: - LAMBE LAMBE- CORREDORES DE SOMBRA A palabra e a música, dous dos elementos que sempre estiveron presentes na vida de Bernardo, xuntaranse un ano máis na Praza da Igrexa de Vilalba, ao carón da súa lousa, nun encontro para a lembranza, para o cariño, para a loubanza…
Ler máis
RESEÑA DA REPRESENTACIÓN DE TEATRO XESTUAL “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POR ZOEVIXIÓN. CIRCUÍTOS DE TEATRO PROFESIONAL. SÁBADO 29/12/25, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

RESEÑA DA REPRESENTACIÓN DE TEATRO XESTUAL “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POR ZOEVIXIÓN. CIRCUÍTOS DE TEATRO PROFESIONAL. SÁBADO 29/12/25, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Este sábado 20 de decembro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, tivo lugar a representación de “Estarei até a fin”, de Zoe Iriarte (Zoevixión), nun acto organizado polo Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro do Circuíto de Teatro Profesional, propiciado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.  A representación non deixou indiferente a ninguén, pois o público, sentado moi preto da acción, sentiuse case dentro da escena, compartindo en primeira persoa a emoción, a dor e o latexar íntimo da historia: unha proposta de teatro xestual sinxela na forma pero intensa na emoción, na que o corpo fala máis ca as palabras. Cunha presenza escénica chea de sensibilidade, a artista constrúe un personaxe fráxil e humano, alguén alleo á guerra que, sen…
Ler máis
RESEÑA DO ESPECTÁCULO DE TÍTERES “ESPERTA O RINOCERONTE”, DE MARIÁN GONZÁLEZ (NAO CARACOLA). PROGRAMA “MÓVETE’25”. VENRES 19 DE DECEMBRO, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DO ESPECTÁCULO DE TÍTERES “ESPERTA O RINOCERONTE”, DE MARIÁN GONZÁLEZ (NAO CARACOLA). PROGRAMA “MÓVETE’25”. VENRES 19 DE DECEMBRO, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. (VIDEO E FOTOS)

2025, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Este venres 19 de decembro tivo lugar no marco do programa Móvete 2025, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e organizado polo IESCHA, o espectáculo de títeres “Esperta o rinoceronte”, de Marián González (Nao Caracola). Unha proposta escénica fondamente coidada que combina teatro de obxectos, manipulación, música e narración para achegarnos, con delicadeza e contundencia ao mesmo tempo, a unha realidade que coñecemos pero que tantas veces preferimos non mirar de fronte. A peza pon o foco no traballo infantil e, por extensión, nesa maquinaria global de desigualdade que se agocha tras os brillos do consumo, da comodidade e da indiferenza. A través da historia de Bambú e da ensinanza da súa avoa, o espectáculo constrúe unha metáfora poderosa: o rinoceronte como voz da conciencia, como ese latexo interior que nos…
Ler máis
PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A FELIPE ARIAS, RECENTEMENTE ELIXIDO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA-RAG POLA SÚA TRAXECTORIA INTELECTUAL E PROFESIONAL DE ENORME RELEVANCIA

PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A FELIPE ARIAS, RECENTEMENTE ELIXIDO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA-RAG POLA SÚA TRAXECTORIA INTELECTUAL E PROFESIONAL DE ENORME RELEVANCIA

2025, Comunicados
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS quere expresar a súa máis sincera felicitación a Felipe Arias, recentemente elixido membro correspondente da Real Academia Galega, unha distinción que recoñece unha traxectoria intelectual e profesional de enorme relevancia para a cultura galega. O pleno da institución académica votou favorablemente a súa incor-poración, salientando a traxectoria dun historiador, arqueólogo e museólogo que dedicou a súa vida ao estudo, á protección e á difusión do patrimonio galego, cun labor destacado á fronte do Museo Provincial de Lugo e, de maneira especial, do Museo do Castro de Viladonga, que dirixiu desde a súa creación en 1983 até a súa xubilación en 2014, converténdoo nun centro de referencia da arqueoloxía galega. Para o IESCHA, este recoñecemento ten ademais un significado especial, pois Felipe Arias Vila é socio da nosa entidade e colabora-dor en diversas actividades. Por todo o anterior,…
Ler máis
CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. REPRESENTACIÓN DE: “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POLO GRUPO ZOEVIXIÓN. SÁBADO 20/12/25, 20:00H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL. REPRESENTACIÓN DE: “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POLO GRUPO ZOEVIXIÓN. SÁBADO 20/12/25, 20:00H., NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación do espectáculo de teatro expresivo ESTAREI ATÉ A FIN, de Zoe Iriarte, a cargo do grupo ZOEVIXIÓN. O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Circuíto de Teatro Profesional 2025.O evento terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.Estarei até a fin Teatro xestual. Público a partir dos 14 anos. Duración: 30-45 min. Nesta proposta, ZoeVixión toca de forma directa, poética e desgarradora, o tema da guerra. Un personaxe que non ten nada que ver nun conflito bélico, vese envolto nel. A través do seu corpo e de tan só dous obxectos, a…
Ler máis
PROGRAMA MÓVETE’25. TÍTERES: ESPERTA O RINOCERONTE, DE MARIÁN GONZÁLEZ, POLO GRUPO: NAO CARACOLA. VENRES 19/12/25, 19:00 H.- SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROGRAMA MÓVETE’25. TÍTERES: ESPERTA O RINOCERONTE, DE MARIÁN GONZÁLEZ, POLO GRUPO: NAO CARACOLA. VENRES 19/12/25, 19:00 H.- SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o espectáculo ESPERTA O RINOCERONTE, de Marián González, a cargo do grupo NAO CARACOLA. O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da convocatoria do Programa MÓVETE 2025. O evento terá lugar o venres 19 de novembro de 2025, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba. Actriz-titiriteira: Marián González - Dirección: Manuel Román - Música orixinal: Jesús Lana Celaya Escenografía e marionetas: Marián González - Dramaturxia: Manuel Román e Marián González Público: Todos os públicos. Preferentemente a partir de 6 anos. - Produción: Nao Caracola Duración: 40 min. Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a…
Ler máis