ACTOS DA CULTURA CHAIREGA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 (ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA) E SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 (AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA)

ACTOS DA CULTURA CHAIREGA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 (ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA) E SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 (AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA)

2026, Actividades, Concertos, Homenaxes, Manuel Maria
Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-2026, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste ano co seu XXII CABODANO. PROGRAMA DOMINGO 6 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 12:30 HORAS NO ESPAZO MANUEL MARÍA (Entrada de balde) Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego. O apartado musical correrá a cargo de CARLOS GÓMEZ OSA. SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL (Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente de localidade en entradasvilalba.es) Terá lugar lugar o concerto de CATRO NUN ZOCO. Catro nun zoco.- “Catro nun zoco é un proxecto musical…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO DE VILALBA - 28-08-2026 (VIDEO RESUME) Vilalba volve mirar cara atrás para lembrar como eramos Hai fotografías que son moito máis ca fotografías. Gardan unha historia, un nome, unha familia, unha festa, un oficio, unha paisaxe… e, sobre todo, gardan un anaco da vida que fomos. Con ese espírito abriu as súas portas este venres, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a XIII edición de “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, unha mostra que volve reunir imaxes capaces de espertar lembranzas e emocións en cada recuncho. No acto de inauguración, a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, quixo comezar dando as grazas, de maneira moi especial, ás familias que ao…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “ANTES DE NÓS”, DE ANGELES HUERTA. XOVES 3 DE SETEMBRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. PROGRAMACIÓN FESTAS’2026

CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “ANTES DE NÓS”, DE ANGELES HUERTA. XOVES 3 DE SETEMBRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. PROGRAMACIÓN FESTAS’2026

2026, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE: ANTES DE NÓS, de Ángeles Huerta, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO. Esta TERCEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 3 de setembro de 2026, ás 20:00 horas. SINOPSEUnha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas: 1918. Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929. O…
Ler máis
XIII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS. FOTOS PARA O RECORDO”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Inauguración: Venres 28 de agosto de 2026-20:00. Aberta ata o 20 de outubro. Entrada de balde.

XIII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS. FOTOS PARA O RECORDO”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Inauguración: Venres 28 de agosto de 2026-20:00. Aberta ata o 20 de outubro. Entrada de balde.

2026, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), coa colaboración do Concello de Vilalba, inaugura o venres, día 28 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XIII edición. Esta mostra está integrada por 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca. As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis, son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX, coa incorporación dalgunhas máis recentes. A décimo…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DE DAKIDARRÍA NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA. VENRES 21 DE AGOSTO DE 2026. IESCHA-ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN-CONCELLO DE VILALBA (VIDEO RESUME).

RESEÑA DO CONCERTO DE DAKIDARRÍA NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA. VENRES 21 DE AGOSTO DE 2026. IESCHA-ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN-CONCELLO DE VILALBA (VIDEO RESUME).

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Dakidarría ofrece en Vilalba un dos grandes concertos dos últimos anos A Praza da Igrexa de Vilalba viviu este venres 21 de agosto unha noite de música, enerxía e compromiso coa actuación de Dakidarría, nun concerto promovido e financiado polo Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Vilalba e organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) dentro da súa programación para as Festas de Vilalba. A formación galega ofreceu un magnífico espectáculo, demostrando unha vez máis por que é considerada unha das bandas máis destacadas e combativas do panorama musical galego. Durante a actuación, Dakidarría realizou un amplo percorrido pola súa traxectoria, presentando unha moi variada mostra do seu repertorio, no que tiveron cabida diferentes etapas, estilos e cancións que forman parte xa da historia do grupo. O público puido gozar dunha proposta musical…
Ler máis
PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A RAÚL RÍO, SOCIO DO IESCHA, POLA CONCESIÓN DO CAXATO DE AVELINO 2026. ACTO DE ENTREGA EN TEO MAÑÁ XOVES 20 DE AGOSTO.

PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A RAÚL RÍO, SOCIO DO IESCHA, POLA CONCESIÓN DO CAXATO DE AVELINO 2026. ACTO DE ENTREGA EN TEO MAÑÁ XOVES 20 DE AGOSTO.

2026, Actividades, Comunicados, Homenaxes
Mañá xoves, 20 de agosto, o guitiricense Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino dentro do acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo que se celebra anualmente en Teo. Xa en 2016 recibiu a Navalla de Manuel María. Desde o IESCHA querémonos sumar a este novo e merecido recoñecemento a Raúl, socio da nosa entidade, polo seu labor na defensa da lingua e cultura galegas, tanto aquí na nosa terra coma en Euskadi, onde desenvolveu a súaactividade profesional e lugar que alterna cos seus Vilares natal como residencia ao longo do ano. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo e autor dun busto en granito dedicado ao seu veciño Xosé Mª Díaz Castro. Colabora habitualmente na prensa de Euskadi e Galicia e desenvolve unha intensa actividade como reporteiro gráfico, posuíndo un enorme e interesante arquivo gráfico e sonoro da vida cultural chairega e galega desde…
Ler máis
PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS – IESCHA PARA LEVAR A CABO DURANTE AS FESTAS DE VILALBA 2026: CONCERTOS, CINE, EXPOSICIÓNS, HOMENAXES

PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS – IESCHA PARA LEVAR A CABO DURANTE AS FESTAS DE VILALBA 2026: CONCERTOS, CINE, EXPOSICIÓNS, HOMENAXES

2026, Actividades
Venres, 21 de agostoHora: 22:00 hActividade: Concerto de veránGrupo: DakidarríaLugar: Praza da IgrexaFinanciado pola Área de Cultura-Vicepresidencia daDeputación de Lugo. Venres, 28 de agostoHora: 20:00 hActividade: Inauguración da XIII Exposición "Tal como eramos. Fotos para o recordo"Lugar: Sala do Auditorio Municipal de VilalbaDuración da exposición: Ata o 20/10. Xoves, 3 de setembroHora: 20:00 hActividade: Ciclo Mestre MateOProxección: Antes de nós, de Ángeles HuertaLugar: Auditorio Municipal de VilalbaReserva de localidades: entradasvilalba.es Domingo, 6 de setembroHora: 12:30 hActividade: Homenaxe e ofrenda no XXII cabodano de Manuel MaríaLugar: Espazo Manuel María Todos os actos son de balde. Instituto de Estudos Chairegos "Pena do Encanto" (IESCHA)Casa da Cultura – Praza de Suso Gayoso, 127800 Vilalba (Lugo) Web: www.estudoschairegos.galCorreo electrónico: estudoschairegos@gmail.com
Ler máis
CONCERTO DE DAKIDARRÍA EN VILALBA. ORGANIZA: IESCHA. FINANCIA: ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. COLABORA: CONCELLO DE VILALBA. VENRES 21/08/26 – 22:00 – PRAZA IGREXA. DE BALDE

CONCERTO DE DAKIDARRÍA EN VILALBA. ORGANIZA: IESCHA. FINANCIA: ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. COLABORA: CONCELLO DE VILALBA. VENRES 21/08/26 – 22:00 – PRAZA IGREXA. DE BALDE

2026, Actividades, Concertos
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa financiación e apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a colaboración do Concello de Vilalba, o concerto do grupo DAKIDARRÍA. O evento, enmarcado na programación do Iescha para as Festas de Vilalba, terá lugar o venres 21 de agosto de 2026, ás 22:00 horas, na Praza da Igrexa de Vilalba. [DAKIDARRÍA]MÚSICA, REBELDÍA E ALEGRÍA DENDE GALIZASKA PUNK INCENDIARIO, ENERXÍA EXPLOSIVA E LETRAS QUE FAN PENSAR, ENCHENDO FESTIVAIS, SALAS E RÚAS ALÍ ONDE HAXA FESTA E COMPROMISOTras máis de 20 anos desde a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a DAKIDARRÍA como unha banda histórica no panorama galego e estatal.DAKIDARRÍA fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se…
Ler máis
COMUNICADO E MURAL DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA CO GALLO DO 25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA. ORGULLO DE TERRA, FORZA DE POBO. O IESCHA FACENDO PATRIA. 25-07-2026

COMUNICADO E MURAL DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA CO GALLO DO 25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA. ORGULLO DE TERRA, FORZA DE POBO. O IESCHA FACENDO PATRIA. 25-07-2026

2026, Actividades, Comunicados
25 de xullo, Día da Patria Galega.Unha xornada para reafirmar o orgullo de sermos galegos, de valorar a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa historia e o noso patrimonio. Porque un pobo que coñece as súas raíces é un pobo con futuro.Desde o IESCHA sumámonos a esta celebración convidando a seguir facendo país cada día, co compromiso de preservar e difundir a nosa identidade.Feliz Día da Patria Galega! 
Ler máis
PARTICIPACIÓN DO IESCHA NO ENCONTRO DE BOAS INICIATIVAS CULTURAIS ORGANIZADO POLA ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO O PASADO 13 DE XULLO NA FINCA DE TOR

PARTICIPACIÓN DO IESCHA NO ENCONTRO DE BOAS INICIATIVAS CULTURAIS ORGANIZADO POLA ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO O PASADO 13 DE XULLO NA FINCA DE TOR

2026, Actividades, Comunicados
Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, participou en representación da referida asociación no Encontro de Boas Iniciativas Culturais. Cultura, Territorio e Aprendizaxe Colectiva, celebrado o pasado 13 de xullo na Finca de Tor. Esta xornada reuniu entidades e proxectos culturais de toda Galicia co obxectivo de compartir experiencias, reflexionar sobre o papel da cultura na dinamización do territorio e identificar os factores que contribúen á consolidación de iniciativas culturais sostibles e con capacidade para crear comunidade. A presenza do IESCHA neste encontro permitiu dar a coñecer o labor que a entidade vén desenvolvendo desde hai máis de tres décadas na defensa, estudo e difusión do patrimonio histórico, cultural e natural da Terra Chá, ao tempo que favoreceu o intercambio de ideas e experiencias con outras asociacións e colectivos comprometidos…
Ler máis