TRADIGALU 2026 (ÁREA DE CULTURA–VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO). CONCERTO MUSICA TRADICIONAL A CARGO DO GRUPO OS VALUROS DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27/06/26, ÁS 20:00, AUDITORIO DE VILALBA

TRADIGALU 2026 (ÁREA DE CULTURA–VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO). CONCERTO MUSICA TRADICIONAL A CARGO DO GRUPO OS VALUROS DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27/06/26, ÁS 20:00, AUDITORIO DE VILALBA

2026, Actividades, Concertos
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2026. O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o sábado 27 de xuño de 2026, ás 20:00. A entrada será de balde, pero haberá que facer reserva de localidades (entradasvilalba.es). TRADIGALU é unha iniciativa da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza musical ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando…
Ler máis
PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

2026, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, que estará acompañado pola presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZXavier Fernández Rodríguez é natural da cidade de Lugo (1981). Porén, as suas raíces familiares están nesta Terra de Montenegro, especialmente nas parroquias de Goiriz, Carballido, Román e Samarugo. Posúe unha formación bastante diversa nos dominios das Ciencias Sociais e Xurídicas e un interese continuo na práctica artística e o desenvolvemento humano através da educación. Na actualidade, está a terminar o Grao en Ciencias Políticas na UNED e é alumno do programa de doutorado “Innovación e…
Ler máis
CINEFORUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. CASA DA CULTURA. ENTRADA DE BALDE

CINEFORUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. CASA DA CULTURA. ENTRADA DE BALDE

2026, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, unha actividade divulgativa arredor da relación entre a astronomía e a sétima arte, que contará coa participación de MARTIN PAWLEY, crítico e programador de cinema, divulgador cultural e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o xoves 25 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. MARTIN PAWLEY PROTAGONIZA UNHA NOVA ACTIVIDADE DO IESCHA SOBRE OS ECLIPSES NO CINEMA Baixo o título “Eclipses no cinema”, Pawley ofrecerá unha interesante charla na que realizará un percorrido por unha selección de películas nas que a ocultación do Sol pola Lúa ocupa…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?”, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?”, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Que mellor lugar para presentar un libro que unha biblioteca, e máis aínda se leva o nome dun dos grandes referentes da literatura galega como Agustín Fernández Paz. Pois ben, a Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba acolleu na tarde deste venres 19 de xuño a presentación da novela Hoxe toca Leiva?, da autoría de Lois Pérez e publicada por Edicións Xerais. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) coa colaboración do Concello de Vilalba, contou coa participación da nosa presidenta, Marisa Barreiro, que foi a encargada de introducir o encontro e dialogar co escritor. Na súa intervención inicial, Marisa Barreiro cualificou a obra como un libro especial, co que confesou compartir moitas cousas. Destacou ademais o carácter coral da novela, construída arredor de numerosos personaxes que van revelando historias e situacións…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ” DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ” DE VILALBA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados para o mes de xuño, organiza a presentación do libro “HOXE TOCA LEIVA?, de LOIS PÉREZ, publicado por EDICIÓNS XERAIS. O autor estará acompañada pola presidenta do Iescha MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 19 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba. HOXE TOCA LEIVA?Sam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO 2026. I SESIÓN DE CURTAMETRAXES ANIMACIÓN. DOMINGO 14 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE. RESERVA DE LOCALIDADE EN entradasvilalba.es

CICLO MESTRE MATEO 2026. I SESIÓN DE CURTAMETRAXES ANIMACIÓN. DOMINGO 14 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE. RESERVA DE LOCALIDADE EN entradasvilalba.es

2026, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA-Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 1ª SESIÓN DE CURTAS, coa proxección de 4 CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN: LUCUS, NUNO, O MESMO E O CORPO DE CRISTO (Curta gañadora), dando comezo deste xeito ao CICLO MESTRE MATEO-2026 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO. Esta PRIMEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 14 de xuño de 2026, ás 20:00 horas. LUCUS, DE DAVID FIDALGO OMIL. De unha luz cegadora emerxe unha forte muller de cabelos dourados, que trata de deer unha oscuridade imparable…
Ler máis
ACTIVIDADE DEO IESCHA.- PROGRAMACIÓN DAS PELÍCULAS, DOS DOCUMENTAIS E DAS CURTAMETRAXES CORRESPONDENTES AO CICLO MESTRE MATEO 2026. DENDE O 14 DE XUÑO AO 28 DE NOVEMBRO. NO AUDIUTORIO MUNICIPAL DE VILALBA

ACTIVIDADE DEO IESCHA.- PROGRAMACIÓN DAS PELÍCULAS, DOS DOCUMENTAIS E DAS CURTAMETRAXES CORRESPONDENTES AO CICLO MESTRE MATEO 2026. DENDE O 14 DE XUÑO AO 28 DE NOVEMBRO. NO AUDIUTORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2026, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
Lugar: Auditorio Municipal de VilalbaEntrada de balde a todas as proxeccións Reserva de localidade en entradasvilalba.es XUÑO 2026 14 de xuño (domingo) – 20:00 1ª SESIÓN DE CURTAS Proxección de 4 curtametraxes: Lucus Nuno O Mesmo O Corpo de Cristo Duración total: 40 minutosCategoría: Curtametraxes de animación XULLO 2026 3 de xullo (venres) – 20:00 2ª SESIÓN DE CURTAS Proxección de 4 curtametraxes: Abellón Adeus, Berta Algo Novo Que Contar Cúrmán Duración total: 80 minutosCategoría: Curtametraxes de imaxe real SETEMBRO 2026 3 de setembro (xoves) – 20:00 ANTES DE NÓS Dirección: Ángeles Huerta Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Duración: 85 minCualificación por idades: Non recomendada para menores de 7 anos. 13 de setembro (domingo) – 20:00 A SON DA NOVA REGUEIFA Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas Todo comeza cunha busca, a da Nova…
Ler máis
ACTIVIDADE DO IESCHA: XI RUTA CULTURAL PERCORRENDO TERRAS OURENSÁNS DE OTERO PEDRAYO: OSEIRA E TRASALBA, CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. SAÍDA O DOMINGO 21/06/2026, ÁS 9:30 H. INSCRICIÓNS ATA O 17 DE XUÑO

2026, Actividades, Rutas
O IESCHA organiza a XI Ruta Cultural, percorrendo as terras ourensáns de Otero Pedrayo: OSEIRA e TRASALBA, prevista para o domingo 21 de xuño de 2026 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.   Pola mañá: Visita ao Mosteiro de Oseira Visita ao Museo Etnográfico Olimpio Liste (Oseira) O xantar será no Restaurante Derby de O Carballiño co seguinte menú: PRIMEIRO: POLBO Á FEIRA E EMPANADA GALEGA SEGUNDO: TERNEIRA ASADA CON GUARNICIÓN  POSTRE CASEIRO. PAN, BEBIDA (AUGA, VIÑO, GASOSA, CAFÉ) Pola tarde O universo de Otero Pedrayo: - A súa Casa-Museo de Trasalba - Os Chaos de Amoeiro - Cea das panadeiras. Rematada a visita, regresaremos a Vilalba. A cuota que haberá que pagar será de 40€ para soci@s e 45€ para non soci@s. No…
Ler máis
PROGRAMA DE ACTOS QUE PRESENTA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” DE VILALBA PARA O PRESENTE MES DE XUÑO: PALESTRAS, CINE, RUTAS, CONCERTOS, PRESENTACIÓN DE LIBROS…

PROGRAMA DE ACTOS QUE PRESENTA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” DE VILALBA PARA O PRESENTE MES DE XUÑO: PALESTRAS, CINE, RUTAS, CONCERTOS, PRESENTACIÓN DE LIBROS…

2026, Actividades, Comunicados
O Instituto de Estudos Chairegos "Pena do Encanto" de Vilalba programa para o presente mes de xuño as seguintes actividades: DOMINGO, 14/06/2026 – 20:00 HCiclo Mestre Mateo – I Sesión de Curtas de AnimaciónLucus – Nuno - O Mesmo – O Corpo de CristoLugar: Auditorio Municipal de Vilalba VENRES, 19/06/2026 – 20:00 HPresentación do libro Hoxe toca Leiva?de Lois Pérez. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Biblioteca Municipal AFP DOMINGO, 21/06/2026 – 09:30 HXI Ruta Cultural por terras de Oseira–TrasalbaCon Felipe SenénSaída 9:30 (Casa da Cultura de Vilalba)XOVES, 25/06/2026 – 20:00 HCinefórum: Eclipses no cinemaPor Martín Pawley. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Casa da Cultura de Vilalba VENRES, 26/06/2026 – 20:00 HPalestra: Memoria DemocráticaPor Xabier Fernández Rodríguez. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Casa da Cultura de Vilalba SÁBADO, 27/06/2026 – 20:00 HConcerto TradigaluAgrupación Os ValurosLugar: Auditorio Municipal de Vilalb
Ler máis
COMUNICADO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA: “A ROSARÍO ÁLVAREZ, PRESIDENTA SAÍNTE, E A DOLORES VILAVEDRA, NOVA PRESIDENTA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA”

COMUNICADO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA: “A ROSARÍO ÁLVAREZ, PRESIDENTA SAÍNTE, E A DOLORES VILAVEDRA, NOVA PRESIDENTA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA”

2026, Comunicados
Dende o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba queremos expresar o noso máis sincero agradecemento e trasladarlle os nosos parabéns a Rosario Álvarez, que conclúe o seu mandato á fronte do Consello da Cultura Galega. Ao longo destes anos, tivemos a oportunidade de comprobar de primeira man a súa dedicación, compromiso e entrega ao servizo da cultura galega, desenvolvendo unha labor exemplar na promoción, defensa e difusión do noso patrimonio cultural. O seu traballo contribuíu de maneira decisiva ao fortalecemento das iniciativas culturais do noso país e ao recoñecemento do papel fundamental que a cultura desempeña na sociedade galega. Queremos salientar especialmente a súa permanente disposición para colaborar coas actividades promovidas polo IESCHA, amosando en todo momento unha actitude aberta, próxima e receptiva ás nosas propostas e inquietudes. De maneira…
Ler máis