PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA PARA O PRESENTE MES DE MARZO: PASQUÍN DO 8M, PALESTRA DE AURORA MARCO, ASEMBLEA XERAL DO IESCHA E CONCERTO DE SON DE CORDA

PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA PARA O PRESENTE MES DE MARZO: PASQUÍN DO 8M, PALESTRA DE AURORA MARCO, ASEMBLEA XERAL DO IESCHA E CONCERTO DE SON DE CORDA

2026, Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) presenta a programación para este mes de marzo de 2026: A actividade comeza o domingo 8 de marzo coa celebración do 8M, DÍA DA MULLER coa difusión do pasquín "8Muller. A loita continúa" nas redes e web da entidade, e co apio do Iescha a todos os actos programados con tal motivo. O venres 20 terá lugar a palestra de AURORA MARCO: "Mestras represaliadas. María Vázquez Suárez", nun acto que se celebrará ás 20:00 horas na Sala Auditorio de Vilalba. O venres 27 desenvolverase a Asemblea Xeral Ordinaria do IESCHA’26, tamén na Sala Auditorio, que será convocada a través da web da entidade, das redes, dos medios e do correo electrónico. Finalmente, o sábado 28, a música poñerá o peche á programación co concerto…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”. DE CARLOS GÓMEZ OSA. CON LOIS CUBA, ROSANA DOMÍNGUEZ E MINICORO ESMUVI. SÁBADO 28/02/26. AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DO CONCERTO “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”. DE CARLOS GÓMEZ OSA. CON LOIS CUBA, ROSANA DOMÍNGUEZ E MINICORO ESMUVI. SÁBADO 28/02/26. AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

2026, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na noite deste sábado 28 de febreiro, o Auditorio Municipal de Vilalba encheuse de emoción, sensibilidade e compromiso co concerto de Carlos Gómez Osa “En Feminino. Cancións con nome de muller”, unha proposta do Instituto de Estudos Chairegos coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos do Mes de Rosalía e na antesala do 8M. E o certo é que a cita superou, con creces, todas as expectativas. Carlos Gómez Osa demostrou, unha vez máis, o seu bo facer enriba do escenario: fiel ao seu estilo, coidando cada palabra e cada silencio, fiando as cancións coma quen borda historias co fío da emoción, da reivindicación, da memoria histórica. Dende os primeiros acordes de “Palabras para Julia”, de J. A. Goytisolo e Paco Ibáñez, o público soubo que estaba a…
Ler máis
VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN!                                          LEMBRANZA DO INSTUTUTO DE ESTUDOS  CHAIREGOS A CARLOS ARTURO CELEIRO MORÓN, GAITEIRO, UN DOS PIARES E FUNDADOR DO GRUPO FOLK VILALBÉS XORIMA

VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN! LEMBRANZA DO INSTUTUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A CARLOS ARTURO CELEIRO MORÓN, GAITEIRO, UN DOS PIARES E FUNDADOR DO GRUPO FOLK VILALBÉS XORIMA

2026, CONDOLENCIAS
VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN! Hoxe cústanos atopar palabras para despedir ao noso querido amigo Morón. Marcha un amigo, un corazón xeneroso que latexaba ao compás da gaita e do amor pola nosa terra. Morón foi gaiteiro por vocación e por sentimento. Un dos piares e fundador do grupo folk Xorima, importante movemento musical e cultural da época, co que levou a música tradicional a moitos lugares, sempre coa humildade dos grandes e coa paixón dos que cren no que fan. A súa maneira de tocar era identidade, era memoria, era emoción compartida. Estivo sempre fondamente vencellado á música tradicional galega, defendéndoa, coidándoa e transmitíndoa ás novas xeracións. Mais, por riba de todo, Morón era unha boa persoa. Amigo leal, compañeiro disposto, sorriso sincero e man tendida. Vaise un dos…
Ler máis
RESEÑA DA OFRENDA FLORAL DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO DÍA DE ROSALÍA, A CARÓN DO SEU MONÓLITO E NO PARQUE DE VILALBA QUE LEVA O SEU NOME. LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026. (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA OFRENDA FLORAL DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO DÍA DE ROSALÍA, A CARÓN DO SEU MONÓLITO E NO PARQUE DE VILALBA QUE LEVA O SEU NOME. LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026. (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Este luns 23 de febreiro de 2026, o Instituto de Estudos Chairegos celebrou no Parque Rosalía de Castro a tradicional ofrenda floral ao carón do monólito dedicado a Rosalía de Castro, dentro da programación especial organizada ao longo do mes para honrar a súa memoria. A xornada desenvolveuse nunha mañá luminosa e agradecida tras tantos días de choiva, que contribuíu a crear un ambiente especialmente emotivo e acolledor. Ao pé do monólito, numerosas persoas participaron nun acto aberto á cidadanía, no que se foron sucedendo as lecturas públicas de distintos poemas da autora, nun exercicio colectivo de lembranza e reivindicación da súa palabra, sempre viva e necesaria. Cómpre salientar de maneira moi especial a participación próxima e afectiva das amigas e amigos do Centro Ocupacional de Vilalba, que tomaron parte…
Ler máis
RESEÑA DA PALESTRA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”. ACTO DO IESCHA NO MES DE ROSALÍA. VENRES 20 DE FEBREIRO DE 2026. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

RESEÑA DA PALESTRA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”. ACTO DO IESCHA NO MES DE ROSALÍA. VENRES 20 DE FEBREIRO DE 2026. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2026, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A Sala do Auditorio Municipal de Vilalba acolleu este venres 20 de febreiro a palestra de Francisco Rodríguez “Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe”, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, dentro dos actos do Mes de Rosalía. O acto converteuse nunha viaxe pola vida, a obra e a dimensión histórica dunha autora que, como quedou claro ao longo da intervención, segue plenamente vixente. A presentación correu a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen puxo en valor o privilexio de contar con persoas tan implicadas e recoñecidas arredor desta exposición, que poderá visitarse ata o día 27 e que merece moito a pena. Destacou o traballo colectivo que hai detrás: os debuxos de…
Ler máis
OFRENDA FLORAL DO IESCHA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. COA LECTURA DO MANIFESTO DA AELG (EVA VEIGA). LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 12:30 HORAS, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA

OFRENDA FLORAL DO IESCHA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. COA LECTURA DO MANIFESTO DA AELG (EVA VEIGA). LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 12:30 HORAS, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA

2026, Actividades, Homenaxes
 Continuando coa programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a OFRENDA FLORAL A ROSALÍA AO CARÓN DO SEU MONÓLITO. O acto levarase a cabo o luns 23 de febreiro de 2026, ás 12:30 horas, no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA. Ademais da ofrenda floral, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, procederá a dar lectura ao Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, co lema 'Mais eles tamén perdidos’, escrito por EVA VEIGA, da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Así mesmo, haberá tempo para o apartado de LECTURA DE TEXTOS  ABERTA AO PÚBLICO. Rosalía de Castro (1837-1885) foi unha das escritoras máis importantes da literatura galega,…
Ler máis
CONCERTO DE CARLOS GÓMEZ OSA: “EN FEMININO, CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”, CON LOIS CUBA, ROSANA DOMINGUEZ E MINICORO ESMUVI. SÁBADO 28 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 20:30 HORAS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2026, Actividades, Concertos
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, o concerto de CARLOS GÓMEZ OSA: “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”, que contará co acompañamento á guitarra de LOIS CUBA, e a participación de ROSANA DOMÍNGUEZ e o MINICORO DE ESMUVI, dirixidos por BARUK DOMÍNGUEZ.  O acto terá lugar o sábado 28 de de febreiro de 2026, ás 20:30 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba. O concerto de Carlos Gómez Osainscríbese, por unha banda e como xa dixemos, na programación especial que o IESCHA dedica cada ano á figura e á obra de Rosalía de Castro, referente imprescindible da nosa literatura e símbolo da defensa da identidade, da lingua e da dignidade do pobo galego.  Ao mesmo tempo, a…
Ler máis
ESCRITO DO IESCHA EN LEMBRANZA DE XESÚS ALONSO MONTERO, RECOÑECIDO INTELECTUAL GALEGO FALECIDO EN VIGO ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO DE 2026, AOS 97 ANOS. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

ESCRITO DO IESCHA EN LEMBRANZA DE XESÚS ALONSO MONTERO, RECOÑECIDO INTELECTUAL GALEGO FALECIDO EN VIGO ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO DE 2026, AOS 97 ANOS. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

2026, CONDOLENCIAS
O IESCHA desexa expresar a súa máis fonda tristura polo pasamento de Xesús Alonso Montero, figura sobranceira da cultura galega. O recoñecido intelectual, falecido en Vigo aos 97 anos, deixa unha pegada inesquecible no ámbito académico e cultural do noso país. Membro destacado e presidente da Real Academia Galega, foi tamén un pioneiro nos estudos sociolingüísticos sobre a lingua galega, ademais dun escritor prolífico e dun firme e constante defensor do noso idioma. Desde o IESCHA, queremos lembrar tamén a súa disposición e proximidade, pois participou nalgunha das nosas actividades culturais, compartindo xenerosamente o seu saber e o seu compromiso coa lingua e coa sociedade galega, sendo ademais, para varios membros da nosa xunta directiva, un profesor admirado e inesquecible, deixando unha fonda pegada humana e intelectual, e sempre lembrado…
Ler máis