QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, POR DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, POR DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2024, Actividades, Exposicións, Homenaxes
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza a EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA” de DIEGO MONTENEGRO RIVAS. Estará aberta ao público na Sala de Exposicións do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILABA dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.  DIEGO MONTENEGRO RIVAS gran afeccionado e estudoso das aves, expón, no corredor do Edificio A do centro, esta escolma de fermosas fotografías de aves de Galicia que podemos atopar na nosa contorna. Nela atoparedes fantásticas instantáneas de paxaros próximos a nós, rulas, bubelas, mouchos, patos e cegoñas entre outros. A mostra poderase visistar no Auditorio Municipal de Vilalba dende o…
Ler máis
EXPOSICIÓN “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN”, DA BIBLIOTECA “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”-IES BASANTA SILVA DE VILALBA. NA CASA DA CULTURA DENDE O 13 DE FEBREIRO ATA O 12 DE MARZO (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

EXPOSICIÓN “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN”, DA BIBLIOTECA “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”-IES BASANTA SILVA DE VILALBA. NA CASA DA CULTURA DENDE O 13 DE FEBREIRO ATA O 12 DE MARZO (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

2024, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos organiza na Casa da Cultura de Vilalba a exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN”, montada pola Biblioteca "Agustín Fernández Paz" do IES Basanta Silva. Permanecerá aberta ao público dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024. “A EXPOSICIÓN VOCES PALESTINAS QUE CONTAN pretende ser un achegamento ao conflicto dende a poesía e a historia a partir de lecturas e textos que nos axudarán a ir entendendo un pouquiño mellor o que, dende décadas, está a acontecer en Oriente Medio. Vide vela!
Ler máis
QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. CONFERENCIA DE PILAR GARCÍA NEGRO: “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”. VENRES 16-02-2024, ÁS 20:00 H. CASA DA CULTURA DE VILALBA

QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. CONFERENCIA DE PILAR GARCÍA NEGRO: “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”. VENRES 16-02-2024, ÁS 20:00 H. CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Conferencias, Homenaxes
O Instituto de Estudos Chairegos, dentro dos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 16 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a CONFERENCIA “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”, que será impartida por PILAR GARCÍA NEGRO, profesora honoraria da USC e escritora, contando tamén coa presentación de MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.  MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO, nada o  9 de outubro de 1953 en  Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Traxectoria profesional Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na  Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991. Foi profesora de lingua española no  Instituto Eusebio da Guarda da Coruña  entre  1976  e  1985  e na Sardiñeira…
Ler máis
“QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA”. PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO IESCHA DURANTE OS MESES DE FEBREIRO E MARZO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

“QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA”. PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO IESCHA DURANTE OS MESES DE FEBREIRO E MARZO EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

2024, Actividades, Homenaxes
 O Instituto de Estudos Chairegos contempla, na súa programación dos meses de febreiro e marzo do presente ano, unha serie de actos que baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, pretende seguir destacando a figura da nosa gran poetisa. Estas actividades están encamiñadas a resaltar o seu legado literario e a súa contribución á cultura galega. A través de conferencias, documentais, exposicións e outros actos buscamos manter viva a súa memoria e difundir a súa obra o máximo posible. Entre outros actos que poideran engadirse durante o mes de febreiro, están programodos os seguintes: 16-02-2024 CASA DA CULTURA DE VILALBA 20:00CONFERENCIA DE PILAR GARCÍA NEGRORosalía de Castro, de onte a hoxe 23-02-2024 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBADOCUMENTAL DE DAVID VÁZQUEZA rosa incandescenteCoa participación dos grupos:CORREDORES DE SOMBRALAMBE LAMBE…
Ler máis
EXPOSICIÓN “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” DA BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ-IES BASANTA SILVA DE VILALBA. DO 13-02 AO 12-03-2024, NA CASA DA CULTURA.

EXPOSICIÓN “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” DA BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ-IES BASANTA SILVA DE VILALBA. DO 13-02 AO 12-03-2024, NA CASA DA CULTURA.

2024, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos organiza na Casa da Cultura de Vilalba a exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN”, montada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva.  Permanecerá aberta ao público dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024. SINOPSE “A EXPOSICIÓN  VOCES PALESTINAS QUE CONTAN  pretende ser un achegamento ao conflicto dende a poesía e a historia a partir de lecturas e textos que nos axudarán a ir entendendo un pouquiño mellor o que, dende décadas, está a acontecer en Oriente Medio. Vide vela! 
Ler máis
PRESENTACIÓN DOS LIBROS “A QUADRATURA DO CÍRCULO” E “GOTAS”, DE ADELA FUGUEROA. XOVES 8-02-2024, 20:00 H. CASA DA CULTURA-VILALBA

PRESENTACIÓN DOS LIBROS “A QUADRATURA DO CÍRCULO” E “GOTAS”, DE ADELA FUGUEROA. XOVES 8-02-2024, 20:00 H. CASA DA CULTURA-VILALBA

2024, Actividades, Presentacións libros
 O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración do Concello de Vilalba, organiza o xoves 8 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a  PRESENTACIÓN DOS LIBROS “A QUADRATURA DO CÍRCULO. Histórias de Lugo que podían ter acontecido noutro lugar qualquer”, e “GOTAS. Desde a terra até ás nuvens”, de ADELA FIGUEROA PANISSE, que estará acompañada na presentación por: MARISA BARREIRO, PILAR MASEDA  E Mª XOSÉ LAMAS. A QUADRATURA DO CÍRCULO  Esta colección de relatos fai referencia a diferentes historias que teñen a Lugo como marco ambiental. Son tres relatos independentes, pero tratan temas relacionados con esta cidade en diferentes momentos. Lugo, unha lugar tranquilo, pacífico e amigable onde a vida se desenvolve sen presas, sen inquietudes e con sorrisos de amizade. Pero, como moitos…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN TAXI VERDE E UN CONCERTO”, DE TUCO CERVIÑO. XOVES 18 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 19:30, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, CON MARISA BARREIRO, ANTÓN BAAMONDE, ELBA VELEIRO E TUCO CERVIÑO

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN TAXI VERDE E UN CONCERTO”, DE TUCO CERVIÑO. XOVES 18 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 19:30, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, CON MARISA BARREIRO, ANTÓN BAAMONDE, ELBA VELEIRO E TUCO CERVIÑO

2024, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración do Concello de Vilalba e  da Editorial Galaxia, organiza o xoves 18 de xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a  PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN TAXI VERDE E UN CONCERTO”, de TUCO CERVIÑO, que estará acompañado por: MARISA BARREIRO, ANTÓN BAAMONDE E ELBA VELEIRO. UN TAXI VERDE E UN CONCERTO Por este intenso relato transita a memoria da familia, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, galeguistas, conservadores, falanxistas, peronistas; desterros, cadea, exilio, depuracións, tribunais franquistas, emigración, viaxes, revolucións. A Guerra Civil e as súas consecuencias. Profesoras de universidade e mulleres sachando, canteiros e labregos, mestres, médicos e avogados. E tamén o mundo rural de Cotobade, o Instituto e a adolescencia na…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “TINTA DE FOL”, DE DAVID CUENCE E BOROA. MARTES 16 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “TINTA DE FOL”, DE DAVID CUENCE E BOROA. MARTES 16 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Exposicións, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos organiza o martes 16 de xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto no que se procederá á PRESENTACIÓN DO LIBRO E A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “TINTA DE FOL”, de DAVID CUENCE e BOROA, e que contará tamén cunha DEMOSTRACIÓN PICTOACÚSTICA. Tinta de Fol Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións. Unha colección de pintura abstracta que transforma as ondas sonoras en pinceladas negras e grises. Composicións musicais da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence. As pinturas van acompañadas de partituras musicais impresas, oito composicións para gaita e unha para piano que forman parte do último disco O`Clásico Fol de Boroa, trío do que…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “O PASO EN FALSO” DE ABRAHAM PÉREZ. VENRES 12 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, COA INTERVENCIÓN DE ABRAHAM PÉREZ E MIGUEL ÁNGEL QUINTANAR.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “O PASO EN FALSO” DE ABRAHAM PÉREZ. VENRES 12 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, COA INTERVENCIÓN DE ABRAHAM PÉREZ E MIGUEL ÁNGEL QUINTANAR.

2024, Actividades, Presentacións libros
O  Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editorial Galaxia, organiza o venres 12 de xaneiro de 2024, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a PRESENTACIÓN do LIBRO “O PASO EN FALSO”,  do que é autor ABRAHAM PÉREZ. O acto, primeiro deste novo ano 2024, contará coa presenza do propio autor do libro, Abraham Pérez, e de Miguel Ángel Martínez Quintanar, filósofo e ensaísta O PASO EN FALSO Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade. O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política,…
Ler máis
HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XI CABODANO. SÁBADO 30 DE DECEMBRO DE 2023, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA COA INSCRICIÓN

HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XI CABODANO. SÁBADO 30 DE DECEMBRO DE 2023, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA COA INSCRICIÓN

2023, Actividades, Homenaxes
O sábado 30 de decembro de 2023, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrpción conmemorativa inaugurada o ano pasado (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”). O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán:  Arturo Bermúdez Prieto de 14 anos, que tocará unha versión de trompeta de Lela e pechara o acto coa interpretación do himno galego. Víctor Antonio Bermúdez Prieto tocará na guitarra española unha peza de estudo denominada Rondó-Napoleón Coste. Ambos, sobriños-netos de Bernardo, son estudantes de 2° grao de profesional no Conservatorio de Culleredo. Contaremos tamén co acompañamento do grupo AC ANDRADE.
Ler máis