PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRES” DE JUANJO GIMÉNEZ, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2022 – 19/11/22, ÁS 20:00 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRES” DE JUANJO GIMÉNEZ, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2022 – 19/11/22, ÁS 20:00 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “TRES”, dirixida por Juanjo Giménez, e que resultou ser a longametraxe gañadora desta edición. A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 horas. SINOPSE: C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a…
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS”-CASA DA CULTURA DE VILALBA-XOVES 17 DE NOVEMBRO-20:00

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANXO ANGUEIRA “PALMEIRAS E PIUEIROS”-CASA DA CULTURA DE VILALBA-XOVES 17 DE NOVEMBRO-20:00

2022, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e Nova Poesía Guitírica (NPG) organizan o acto de presentación do libro, editado por CHAN DA PÓLVORA “PALMEIRAS E PIUEIROS”, do que é autor ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro. O acto terá lugar o xoves 17 de novembro de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e contará tamén coas intervención de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mª Xosé Lamas, do colectivo Nova Poesía Guitírica. PALMEIRAS E PIUEIROS, de Anxo Angueira DATA DE EDICIÓN: 20-02-2022       EAN: 978-84-124731-0-0IDIOMA: galego. COLECCIÓN: Cova da Lontra, número 6 MATERIA: poesía “Palmeiras, piueiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso…
Ler máis
ADIADA DE NOVO A PELÍCULA “VILAMOR”, DE IGNACIO VILAR, PREVISTA PARA O VINDEIRO SÁBADO 5 DE NOVEMBRO, ÁS 20:30 HORAS, NO CAMPO DA FEIRA DE VILALBA

ADIADA DE NOVO A PELÍCULA “VILAMOR”, DE IGNACIO VILAR, PREVISTA PARA O VINDEIRO SÁBADO 5 DE NOVEMBRO, ÁS 20:30 HORAS, NO CAMPO DA FEIRA DE VILALBA

2022, Actividades, Cine
Por segunda vez, vémonos na obriga de adiar a película VILAMOR, en formato de autocine, prevista nun principio para o 29 de outubro, logo para o sábado 5 de novembro, e agora adiada de novo, por causas alleas ao IESCHA. Informaremos oportunamente da data definitiva. Disculpen as molestias.
Ler máis
REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA “BADMAN. UN HOME MALO” A CARGO DA COMPAÑÍA SOLITARIA DO DR. MONIFATE – NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – 4/11/2022 – 20:30 H.

REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA “BADMAN. UN HOME MALO” A CARGO DA COMPAÑÍA SOLITARIA DO DR. MONIFATE – NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – 4/11/2022 – 20:30 H.

2022, Actividades, Teatro
O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o venres 4 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, e dentro do Circuito de teatro profesional da provincia de Lugo-Ciclo cultural Monicreques, promovido pola Área de Cultura da Deputación, a obra de teatro BADMAN, UN HOME MALO, de Gustavo Fouce, a cargo de A COMPAÑÍA SOLITARIA DO DR. MONIFATE. (Público maior de 16 anos.) SINOPSE  Un home acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia…
Ler máis
AUTOCINE EN VILALBA-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VILAMOR” DE IGNACIO VILAR. NO CAMPO DA FEIRA O SÁBADO 5/11/2022, ÁS 20:30

AUTOCINE EN VILALBA-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VILAMOR” DE IGNACIO VILAR. NO CAMPO DA FEIRA O SÁBADO 5/11/2022, ÁS 20:30

2022, Actividades, Cine
O sábado 5 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, no Campo da Feira de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co CONCELLO DE VILALBA, acolléndose á unha iniciativa do XACOBEO 21-22 e da produtora VÍA LÁCTEA FILMES, organiza a proxección, en formato AUTOCINE, da película VILAMOR, do director IGNACIO VILAR. SIPNOSE Baseado en feitos reais Mentres a nave Enterprise comeza a súa viaxe espacial, as Mothers of May marchan por primeira vez en Bos Aires e Star Wars enche os cines de todo o mundo, nun lugar marabilloso e remoto de Galicia –recén rematado pola ditadura franquista– o tempo detense e comeza un soño. Breixo, un mozo seminarista atópase cos habitantes dunha comuna próxima á súa aldea, ao outro lado do río. Breixo déixase seducir polo ideal dunha vida alternativa e…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA”, DE ANTÓN BAAMONDE-28 DE OUTUBRO-20:30 HORAS-CASA CULTURA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA”, DE ANTÓN BAAMONDE-28 DE OUTUBRO-20:30 HORAS-CASA CULTURA

2022, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado por GALAXIA “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global”, do que é autor ANTÓN BAAMONDE.  O acto terá lugar o venres, 28 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. UNHA NOVA OLANDA, de Antón Baamonde Un riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitan-tes, unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía,…
Ler máis
PABLO NOGUEIRA CAMPO, GAÑADOR DO VI PREMIO AGUSTÍN FDEZ. PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

PABLO NOGUEIRA CAMPO, GAÑADOR DO VI PREMIO AGUSTÍN FDEZ. PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

2022, Actividades, Premio Agustín Fernández Paz
O Xurado, reunido o día 22 de outubro de 2022, no local do IESCHA, sito na Casa da Cultura de Vilalba, ACORDOU, por unanimidade, outorgar o VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLOpresentada baixo o lema ou seudónimo de RINGO Unha vez aberta a plica, resultou ser o/a seu/súa autor/a PABLO NOGUEIRA CAMPO O Xurado salienta o humor intelixente, escrita imaxinativa dunha historia trepidante localizada no Circo Fantastibuloso, unha comunidade de artistas nas que cadaquén expresa a súa singularidade. Unha narración na que se mestura aventura e imaxinación para abordar algúns temas esenciais como o valor da amizade, a empatía e o amor.
Ler máis
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” DE JESÚS TRASTOY – XOVES 27 DE OUTUBRO, ÁS 20:00 NO AUDITORIO DE VILALBA

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” DE JESÚS TRASTOY – XOVES 27 DE OUTUBRO, ÁS 20:00 NO AUDITORIO DE VILALBA

2022, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación de actividades para o presente ano 2022, organiza a EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” de JESÚS TRASTOY.  A inauguración está prevista para o xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba e poderase visitar ata o 30 de novembro no horario de apertura do mesmo. A mostra está formada por 108 láminas  (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo. JESÚS TRASTOY SAAVEDRA naceu na popular e histórica rúa da Porta de Cima de Vilalba o día 12 de setembro de 1941. Nos anos da súa actividade laboral dedicou o tempo á construción e á telefonía, traballando en distintas empresas e en lugares moi espallados.…
Ler máis
ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AO ESCRITOR LOIS PÉREZ GAÑADOR POLO SEU LIBRO “A GRUTA DA TORRE”

ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AO ESCRITOR LOIS PÉREZ GAÑADOR POLO SEU LIBRO “A GRUTA DA TORRE”

2022, Actividades, Premio Agustín Fernández Paz
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, LOIS PÉREZ, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, que terá lugar o sábado, día 22 de outubro de 2022, ás 20:00horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e LOIS PÉREZ, gañador do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe…  Para elo, contamos coa participación de: DÚO PASAXES, Pablo del Valle e Marcos Sachin Novo, percusionistas           AS MOUCHAS, alumnas…
Ler máis
CICLO PREMIOS MESTRE MATEO’22 PROXECCIÓN DE “MALENCOLÍA” DE ALFONSO ZARAUZA-AUDITORIO, 15/10/22

CICLO PREMIOS MESTRE MATEO’22 PROXECCIÓN DE “MALENCOLÍA” DE ALFONSO ZARAUZA-AUDITORIO, 15/10/22

2022, Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “MALENCOLÍA”, dirixida por Alfonso Zarauza. A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 15 de outubro de 2022, ás 20:00 horas. SINOPSE: Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada…
Ler máis