NO X CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (1947-2016). LEMBRANZA E HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” (IESCHA) DE VILALBA CANDO SE CUMPLEN 10 ANOS DO SEU PASAMENTO

NO X CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (1947-2016). LEMBRANZA E HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” (IESCHA) DE VILALBA CANDO SE CUMPLEN 10 ANOS DO SEU PASAMENTO

2026, Actividades, Comunicados, Homenaxes
O IESCHA LEMBRA E HOMENAXEA A AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ (1947-2016) NO SEU X CABODANO: O SEU LEGADO CONTINÚA VIVO NAS SÚAS HISTORIAS, NAS AULAS, NAS BIBLIOTECAS E, SOBRE TODO, NO CORAZÓN DE MILLEIROS DE LECTORAS E LECTORES. AGUSTÍN, SEMPRE NA NOSA MEMORIA!!! VIDEO HOMENAXE
Ler máis
APOIO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (IESCHA) DE VILALBA AO NOMEAMENTO POR PARTE DA REAL ACADEMIA GALEGA DE XOSÉ NEIRA VILAS COMO AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2027

APOIO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (IESCHA) DE VILALBA AO NOMEAMENTO POR PARTE DA REAL ACADEMIA GALEGA DE XOSÉ NEIRA VILAS COMO AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2027

2026, Actividades, Comunicados
O Instituto de Estudos Chairegos congratúlase e expresa o seu firme apoio ao nomeamento de Xosé Neira Vilas como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2027, por considerar que a súa figura representa un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea e un referente no compromiso coa lingua e a cultura de Galicia. A súa obra, e de maneira moi especial Memorias dun neno labrego, constitúe un fito das nosas letras. A través da voz de Balbino, Neira Vilas soubo retratar con extraordinaria sensibilidade o mundo rural galego, dignificando a vida das súas xentes e convertendo unha realidade profundamente galega nun relato de alcance universal. A súa escrita contribuíu de maneira decisiva ao prestixio e á difusión da lingua galega, dentro e fóra do noso país. Xunto ao seu extraordinario labor como escritor, cómpre salientar a…
Ler máis
PROGRAMA DE ACTOS QUE PRESENTA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” DE VILALBA PARA O PRESENTE MES DE XUÑO: PALESTRAS, CINE, RUTAS, CONCERTOS, PRESENTACIÓN DE LIBROS…

PROGRAMA DE ACTOS QUE PRESENTA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” DE VILALBA PARA O PRESENTE MES DE XUÑO: PALESTRAS, CINE, RUTAS, CONCERTOS, PRESENTACIÓN DE LIBROS…

2026, Actividades, Comunicados
O Instituto de Estudos Chairegos "Pena do Encanto" de Vilalba programa para o presente mes de xuño as seguintes actividades: DOMINGO, 14/06/2026 – 20:00 HCiclo Mestre Mateo – I Sesión de Curtas de AnimaciónLucus – Nuno - O Mesmo – O Corpo de CristoLugar: Auditorio Municipal de Vilalba VENRES, 19/06/2026 – 20:00 HPresentación do libro Hoxe toca Leiva?de Lois Pérez. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Biblioteca Municipal AFP DOMINGO, 21/06/2026 – 09:30 HXI Ruta Cultural por terras de Oseira–TrasalbaCon Felipe SenénSaída 9:30 (Casa da Cultura de Vilalba)XOVES, 25/06/2026 – 20:00 HCinefórum: Eclipses no cinemaPor Martín Pawley. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Casa da Cultura de Vilalba VENRES, 26/06/2026 – 20:00 HPalestra: Memoria DemocráticaPor Xabier Fernández Rodríguez. Presenta: Marisa BarreiroLugar: Casa da Cultura de Vilalba SÁBADO, 27/06/2026 – 20:00 HConcerto TradigaluAgrupación Os ValurosLugar: Auditorio Municipal de Vilalb
Ler máis
COMUNICADO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA: “A ROSARÍO ÁLVAREZ, PRESIDENTA SAÍNTE, E A DOLORES VILAVEDRA, NOVA PRESIDENTA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA”

COMUNICADO DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA: “A ROSARÍO ÁLVAREZ, PRESIDENTA SAÍNTE, E A DOLORES VILAVEDRA, NOVA PRESIDENTA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA”

2026, Comunicados
Dende o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba queremos expresar o noso máis sincero agradecemento e trasladarlle os nosos parabéns a Rosario Álvarez, que conclúe o seu mandato á fronte do Consello da Cultura Galega. Ao longo destes anos, tivemos a oportunidade de comprobar de primeira man a súa dedicación, compromiso e entrega ao servizo da cultura galega, desenvolvendo unha labor exemplar na promoción, defensa e difusión do noso patrimonio cultural. O seu traballo contribuíu de maneira decisiva ao fortalecemento das iniciativas culturais do noso país e ao recoñecemento do papel fundamental que a cultura desempeña na sociedade galega. Queremos salientar especialmente a súa permanente disposición para colaborar coas actividades promovidas polo IESCHA, amosando en todo momento unha actitude aberta, próxima e receptiva ás nosas propostas e inquietudes. De maneira…
Ler máis
MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA ACUDIRON ESTE DOMINGO 17 DE MAIO A SANTIAGO PARA PARTICIPAR E APOIAR A MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA NOSA LINGUA E DAS NOSAS LETRAS.

Este domingo 17 de maio, membros da Xunta Directiva do Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba acudiron a Santiago de Compostela para participar e apoiar a manifestación a prol do noso idioma "O GALEGO, LINGUA VITAL", reafirmando así o seu compromiso coa defensa e promoción da nosa Lingua e das nosas Letras, e homenaxeando ao mesmo tempo a figura de Begoña Caamaño, voz comprometida coa lingua, coa igualdade e coa cultura galega.Dende o Iescha, reiteramos que ese compromiso segue a ser hoxe o motivo fundamental da nosa identidade
Ler máis
PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026: PRESENTACIÓNS LIBROS, CONCERTOS MUSICAIS, HOMENAXES, PALESTRAS, RUTAS POR GALICIA

PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026: PRESENTACIÓNS LIBROS, CONCERTOS MUSICAIS, HOMENAXES, PALESTRAS, RUTAS POR GALICIA

2026, Actividades, Comunicados
PROGRAMACIÓN DO IESCHA NO MES DAS LETRAS GALEGAS-MAIO 2026 Presentacións de libros, concertos musicais, homenaxes e apoio ás nosas letras e á nosa lingua, palestras, rutas por Galicia  Venres, 8 de maio20:00 hPresentación libro:Memorias dun porco teixoXosé M. FelpetoCasa da Cultura de Vilalba Domingo, 10 de maio20:00 hConcerto:Na casa delasSon de cordaAuditorio Municipal de Vilalba Domingo, 17 de maio12:00 hPasquín na web e redes:Letras Galegas '26O IESCHA na defensa da lingua galegaE apoiando a manifestación en Santiago de Compostela Xoves, 21 de maio20:00 hPresentación libro:Semente de mencer (Obra poética completa)Darío X. CabanaCon Alexandra CabanaCasa da Cultura de Vilalba Venres, 29 de maio20:00 hPalestra Letras Galegas’26:Begoña CaamañoCon Beatriz Maceda e Marica CampoCasa da Cultura de Vilalba Domingo, 31 de maio9:30 h. Saída de Vilalba hacia Galdo, en ViveiroXIV Ruta por Galicia:Por…
Ler máis
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS INFORMA DA SÚA PROGRAMACIÓN PARA O PRESENTE MES DE ABRIL. PRESENTACIÓNS DE LIBROS, PALESTRAS, EXPOSICIÓNS… E UNHA ESPECIAL HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS INFORMA DA SÚA PROGRAMACIÓN PARA O PRESENTE MES DE ABRIL. PRESENTACIÓNS DE LIBROS, PALESTRAS, EXPOSICIÓNS… E UNHA ESPECIAL HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO

2026, Actividades, Comunicados, Conmemoracións
Durante todo o mes de abril, Vilalba convértese nun espazo de encontro coa cultura galega grazas á programación do IESCHA, que neste mes de ABRIL xirará arredor da figura de Xabier P. Docampo. PROGRAMA DE ACTIVIDADES: 8 de abril | Mércores 19:30 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Palestra: “Xabier Docampo e o cinema” A cargo de Martín Pawley 9 de abril | Xoves 18:00 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Contada infantil arredor da figura de Docampo Con Ángeles Goás 10 de abril | Venres 19:30 h.- Sala Auditorio de Vilalba Inauguración da exposición: “O pintor cego”, Con debuxos de Xosé Cobas 20:00 h.- Sala Auditorio de Vilalba Palestra: Manuel Bragado reflexiona sobre Xabier P. Docampo 11 de abril | Sábado POLAVILA DOCAMPO (Xornada central) Muíño do Rañego 12:00…
Ler máis
PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A FELIPE ARIAS, RECENTEMENTE ELIXIDO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA-RAG POLA SÚA TRAXECTORIA INTELECTUAL E PROFESIONAL DE ENORME RELEVANCIA

PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A FELIPE ARIAS, RECENTEMENTE ELIXIDO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA-RAG POLA SÚA TRAXECTORIA INTELECTUAL E PROFESIONAL DE ENORME RELEVANCIA

2025, Comunicados
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS quere expresar a súa máis sincera felicitación a Felipe Arias, recentemente elixido membro correspondente da Real Academia Galega, unha distinción que recoñece unha traxectoria intelectual e profesional de enorme relevancia para a cultura galega. O pleno da institución académica votou favorablemente a súa incor-poración, salientando a traxectoria dun historiador, arqueólogo e museólogo que dedicou a súa vida ao estudo, á protección e á difusión do patrimonio galego, cun labor destacado á fronte do Museo Provincial de Lugo e, de maneira especial, do Museo do Castro de Viladonga, que dirixiu desde a súa creación en 1983 até a súa xubilación en 2014, converténdoo nun centro de referencia da arqueoloxía galega. Para o IESCHA, este recoñecemento ten ademais un significado especial, pois Felipe Arias Vila é socio da nosa entidade e colabora-dor en diversas actividades. Por todo o anterior,…
Ler máis
PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A CECILIA FERNÁNDEZ SANTOMÉ, GAÑADORA DO XLIV PREMIO BLANCO-AMOR DE NOVELA, POLA SÚA OBRA: “Boundaries Road SW12 8HD”

PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A CECILIA FERNÁNDEZ SANTOMÉ, GAÑADORA DO XLIV PREMIO BLANCO-AMOR DE NOVELA, POLA SÚA OBRA: “Boundaries Road SW12 8HD”

2025, Comunicados
O IESCHA quere expresar a súa máis sincera noraboa á escritora Cecilia F. Santomé, recentemente proclamada gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco-Amor pola súa obra “Boundaries Road SW12 8HD”. O galardón, outorgado pola Deputación de Ourense, acadou nesta edición a maior participación da súa historia, con 75 obras presentadas, o que fai aínda máis significativo este logro. O xurado salientou especialmente a súa capacidade para a “creación dun universo narrativo con gran pegada poética”, un recoñecemento que pon de manifesto a profundidade literaria e a sensibilidade artística dunha autora que está a abrir camiño cunha voz propia, auténtica e poderosa. Desde o IESCHA queremos destacar, ademais do seu talento narrativo, a súa capacidade para conectar coa emoción e para construír relatos que permanecen no lector máis aló da lectura. A súa obra é exemplo de compromiso coa…
Ler máis