DENDE HOXE, BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”!!! A SOLICITUDE DO IESCHA FOI APROBADA NO PLENO DO CONCELLO (31/07/25)
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, como entidade solicitante, quere expresar publicamente a súa máis fonda satisfacción pola aprobación, no Pleno do Concello de Vilalba levado a cabo esta tarde, do acordo polo que a Biblioteca Municipal da nosa vila pasará a denominarse Biblioteca Municipal “Agustín Fernández Paz”. Congratulámonos deste xusto recoñecemento a quen, ao longo da súa traxectoria vital e profesional, demostrou un compromiso firme e continuado coa nosa lingua, coa nosa cultura e coa nosa terra. A decisión do Pleno honra a memoria e o labor dun vilalbés ilustre, cuxa pegada no eido cultural e humano permanecerá viva entre nós. Queremos tamén agradecer ao Pleno do Concello de Vilalba a sensibilidade amosada coa veciñanza e co legado de Agustín Fernández Paz, e celebrar que se dea así cumprimento ao que establece o Regulamento…









