VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN!                                          LEMBRANZA DO INSTUTUTO DE ESTUDOS  CHAIREGOS A CARLOS ARTURO CELEIRO MORÓN, GAITEIRO, UN DOS PIARES E FUNDADOR DO GRUPO FOLK VILALBÉS XORIMA

VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN! LEMBRANZA DO INSTUTUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A CARLOS ARTURO CELEIRO MORÓN, GAITEIRO, UN DOS PIARES E FUNDADOR DO GRUPO FOLK VILALBÉS XORIMA

2026, CONDOLENCIAS
VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN! Hoxe cústanos atopar palabras para despedir ao noso querido amigo Morón. Marcha un amigo, un corazón xeneroso que latexaba ao compás da gaita e do amor pola nosa terra. Morón foi gaiteiro por vocación e por sentimento. Un dos piares e fundador do grupo folk Xorima, importante movemento musical e cultural da época, co que levou a música tradicional a moitos lugares, sempre coa humildade dos grandes e coa paixón dos que cren no que fan. A súa maneira de tocar era identidade, era memoria, era emoción compartida. Estivo sempre fondamente vencellado á música tradicional galega, defendéndoa, coidándoa e transmitíndoa ás novas xeracións. Mais, por riba de todo, Morón era unha boa persoa. Amigo leal, compañeiro disposto, sorriso sincero e man tendida. Vaise un dos…
Ler máis
ESCRITO DO IESCHA EN LEMBRANZA DE XESÚS ALONSO MONTERO, RECOÑECIDO INTELECTUAL GALEGO FALECIDO EN VIGO ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO DE 2026, AOS 97 ANOS. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

ESCRITO DO IESCHA EN LEMBRANZA DE XESÚS ALONSO MONTERO, RECOÑECIDO INTELECTUAL GALEGO FALECIDO EN VIGO ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO DE 2026, AOS 97 ANOS. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

2026, CONDOLENCIAS
O IESCHA desexa expresar a súa máis fonda tristura polo pasamento de Xesús Alonso Montero, figura sobranceira da cultura galega. O recoñecido intelectual, falecido en Vigo aos 97 anos, deixa unha pegada inesquecible no ámbito académico e cultural do noso país. Membro destacado e presidente da Real Academia Galega, foi tamén un pioneiro nos estudos sociolingüísticos sobre a lingua galega, ademais dun escritor prolífico e dun firme e constante defensor do noso idioma. Desde o IESCHA, queremos lembrar tamén a súa disposición e proximidade, pois participou nalgunha das nosas actividades culturais, compartindo xenerosamente o seu saber e o seu compromiso coa lingua e coa sociedade galega, sendo ademais, para varios membros da nosa xunta directiva, un profesor admirado e inesquecible, deixando unha fonda pegada humana e intelectual, e sempre lembrado…
Ler máis
0 INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA EXPRESA AS SÚAS CONDOLENCIAS POLO PASAMENTO DE D. BERNARDO BARREIRO FERNÁNDEZ, PAI DA NOSA PRESIDENTA, MARISA BARREIRO MEJUTO

0 INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA EXPRESA AS SÚAS CONDOLENCIAS POLO PASAMENTO DE D. BERNARDO BARREIRO FERNÁNDEZ, PAI DA NOSA PRESIDENTA, MARISA BARREIRO MEJUTO

2026, CONDOLENCIAS
Desde o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba queremos facer chegar o noso máis sincero pesar polo falecemento de D. Bernardo Barreiro Fernández, pai da nosa presidenta, Marisa Barreiro Mejuto. Sabemos que son momentos moi difíciles e, por iso, a Xunta Directiva, en nome propio e das persoas asociadas, queremos estar ao lado da nosa Presidenta e da súa familia, acompañándoas na dor e enviándolles unha forte aperta chea de cariño, apoio e solidarie-dade. Que a terra che sexa leve, amigo Bernardo. Con todo o noso agarimo, A Xunta Directiva do Iescha
Ler máis
CONDOLENCIAS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS POLO PASAMENTO DO ACTOR E DRAMATURGO GALEGO MANUEL LOURENZO

CONDOLENCIAS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS POLO PASAMENTO DO ACTOR E DRAMATURGO GALEGO MANUEL LOURENZO

2025, CONDOLENCIAS
O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba quere amosar o seu máis fondo pesar polo pasamento de Manuel Lourenzo, e transmitir as súas condolencias a familiares e achegados. Manuel Lourenzo: escritor prolífico e premiado, actor, director, conferenciante, dinamizador de diferentes iniciativas culturais… pero, por riba de todo, namorado da lingua e do teatro. O seu traballo deixou unha fonda pegada, facendo que cada función fose tamén unha defensa do noso idioma e da nosa maneira de estar no mundo. Hoxe, despedímolo coa gratitude de quen sabe que o seu legado seguirá vivo, que cada escena e cada palabra dita en galego levará un pouco de el. Manuel Lourenzo, que a terra che sexa leve, e as mareas vivas non deixen de traernos o teu legado e o teu recordo.
Ler máis
CONDOLENCIAS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS POLO PASAMENTO DE Dª MARÍA LUISA MEJUTO, NAI DA NOSA PRESIDENTA, MARISA BARREIRO MEJUTO.

CONDOLENCIAS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS POLO PASAMENTO DE Dª MARÍA LUISA MEJUTO, NAI DA NOSA PRESIDENTA, MARISA BARREIRO MEJUTO.

2025, CONDOLENCIAS
O Instituto de Estudos Chairegos, ante o recente pasamento de Dª María Luisa Mejuto, nai da nosa presidenta, Marisa Barreiro Mejuto, quere manifestar o seu máis sincero e profundo pesar. Neste momento de dor, a Xunta Directiva, en nome propio e no de socios e socias do IESCHA, queremos acompañar a nosa Presidenta e a súa familia, facéndolles chegar unha forte aperta, o noso afecto e a nosa solidariedade. Que a terra lle sexa leve. Con todo o noso cariño, A Xunta Directiva do IESCHA
Ler máis
EN LEMBRANZA DO POETA GALEGO, BERNARDINO GRAÑA, NADO EN CANGAS O 27 DE SETEMBRO DE 1932 E FINADO EN NIGRÁN O 18 DE XANEIRO DE 2025. QUE A TERRA CHE SEXA LEVE

EN LEMBRANZA DO POETA GALEGO, BERNARDINO GRAÑA, NADO EN CANGAS O 27 DE SETEMBRO DE 1932 E FINADO EN NIGRÁN O 18 DE XANEIRO DE 2025. QUE A TERRA CHE SEXA LEVE

2024, Comunicados, CONDOLENCIAS
En lembranza de Bernardino Graña. Hoxe Galicia chora a perda dun dos seus fillos máis ilustres, Bernardino Graña, poeta que soubo plasmar nas súas verbas a esencia mesma da nosa terra. A súa obra emerxe como un canto ao mar, ás xentes do noso país e á lingua que tanto amou e defendeu. Graña foi unha voz firme na defensa da cultura e identidade galegas. Comprometido cos valores do noso pobo, destacou como membro do grupo Brais Pinto, esa mocidade rebelde e renovadora que soubo erguer a bandeira da nosa literatura nunha época difícil. A súa poesía, chea de beleza e compromiso, transpórtanos a un espazo de intimidade universal, onde cada palabra é unha onda que nos envolve, un berro que nos lembra quen somos e de onde vimos. Hoxe despedimos a…
Ler máis
O IESCHA QUERE MANIFESTAR PÚBLICAMENTE O SEU MÁIS SENTIDO PÉSAME POLO PASAMENTO DE ANTONIA FERNÁNDEZ PAZ, A AMIGA TITA. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

O IESCHA QUERE MANIFESTAR PÚBLICAMENTE O SEU MÁIS SENTIDO PÉSAME POLO PASAMENTO DE ANTONIA FERNÁNDEZ PAZ, A AMIGA TITA. QUE A TERRA LLE SEXA LEVE!

2024, CONDOLENCIAS, Homenaxes
Onte fóisenos Antonia Fernández Paz, a nosa Tita, unha excelente muller, unha mestra de vida e de coñecemento. Boa e xenerosa, sempre tiña unha palabra amable para quen o precisase, un xesto de apoio, unha man tendida. Foi un exemplo a seguir, non só polas súas ensinanzas na aula, senón tamén pola súa humanidade e sabedoría. A súa lembranza quedará connosco para sempre.  Que a terra che sexa leve, amiga Tita! Nota.- A foto de Tita pertence a un dos actos de entrega do Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.
Ler máis