PALESTRA DE AURORA MARCO “MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ”. PRESENTA MARISA BARREIRO. VENRES 20 DE MARZO DE 2026, ÁS 20:00H., NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para o MES DE MARZO-8M, organiza a palestra “MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ”, impartida por AURORA MARCO, profesora, investigadora e ensaísta, e autora do libro relacionado coa palestra“María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”, publicado por Alvarellos Editora. A presentacion correrá a cargo da presidenta do Iescha, Marisa Barreiro. O acto terá lugar o venres 20 de de marzo de 2026, ás 20:00 horas, no Sala de Exposicións do Auditorio Municial de Vilalba . Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948). Doutora en Filosofía e Letras pola USC, catedrática na Facultade de Ciencias da Educación, no campo da investigación é autora de numerosos libros e artigos, editora de varios volumes e colaboradora de obras colectivas. Desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Da súa…









