
CICLO MULLERES GALEGAS: CONFERENCIA DE CRIS FELPETO “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”, 24-11-2023-CASA CULTURA
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 24 de novembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA sobre “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”, que será impartida por CRIS FELPETO, Filóloga. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. Esta será a oitava conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, e nesta ocasión coincide no tempo tamén co DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS. O ciclo mencionado programouse polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023, A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e…