O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS INFORMA DA SÚA PROGRAMACIÓN PARA O PRESENTE MES DE ABRIL. PRESENTACIÓNS DE LIBROS, PALESTRAS, EXPOSICIÓNS… E UNHA ESPECIAL HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS INFORMA DA SÚA PROGRAMACIÓN PARA O PRESENTE MES DE ABRIL. PRESENTACIÓNS DE LIBROS, PALESTRAS, EXPOSICIÓNS… E UNHA ESPECIAL HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO

2026, Actividades, Comunicados, Conmemoracións
Durante todo o mes de abril, Vilalba convértese nun espazo de encontro coa cultura galega grazas á programación do IESCHA, que neste mes de ABRIL xirará arredor da figura de Xabier P. Docampo. PROGRAMA DE ACTIVIDADES: 8 de abril | Mércores 19:30 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Palestra: “Xabier Docampo e o cinema” A cargo de Martín Pawley 9 de abril | Xoves 18:00 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Contada infantil arredor da figura de Docampo Con Ángeles Goás 10 de abril | Venres 19:30 h.- Sala Auditorio de Vilalba Inauguración da exposición: “O pintor cego”, Con debuxos de Xosé Cobas 20:00 h.- Sala Auditorio de Vilalba Palestra: Manuel Bragado reflexiona sobre Xabier P. Docampo 11 de abril | Sábado POLAVILA DOCAMPO (Xornada central) Muíño do Rañego 12:00…
Ler máis
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (IESCHA) NO IX CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. ETERNAMENTE LEMBRADO.

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (IESCHA) NO IX CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. ETERNAMENTE LEMBRADO.

2025, Conmemoracións
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano. https://agustinfernandezpaz.gal/o-autor/
Ler máis
REPRESENTACIÓN TEATRAL: “COUSAS” DE CASTELAO. A CARGO DE “OS QUINQUILLÁNS”. VENRES 4/07, ÁS 20H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “COUSAS” DE CASTELAO. A CARGO DE “OS QUINQUILLÁNS”. VENRES 4/07, ÁS 20H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Conmemoracións, Teatro
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia d Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, e dentro dos actos programados co gallo do 2025-ANO CASTELAO, organiza a representación teatral, “COUSAS” de Castelao, a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 4 de xullo de 2025, ás 20:00 horas.        Os Quinquillans celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social...O retranqueiro burro dun dos contos, transunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.  A montaxe…
Ler máis
PALESTRA DE UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ: “CASTELAO POLÍTICO (1916-1950)” PRESENTA: MARISA BARREIRO. XOVES 3/07-20H., CASA DA CULTURA DE VILALBA

PALESTRA DE UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ: “CASTELAO POLÍTICO (1916-1950)” PRESENTA: MARISA BARREIRO. XOVES 3/07-20H., CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Conferencias, Conmemoracións
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a palestra: CASTELAO POLÍTICO 1916-1950, impartida por UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ, HISTORIADOR E DIRECTOR DA CÁTEDRA DE MEMORIA HISTÓRICA DA UDC. Presentará: MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o xoves 3 de xullo de 2025, ás 20:00 horas.       Informamos tamén que permanece aberta ao público na Casa da Cultura a Exposición SEMPRE EN GALIZA 1944-2024.                         Uxío-Breogán Diéguez Cequiel(Madrid, 1978). Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, programa 'Societat i Cultura'. Licenciado en Historia pola Universidade de  Santiago de Compostela. Director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC. Autor e coautor dunha ducia de libros…
Ler máis
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA EN HOMENAXE A CASTELAO NO 75º CABODANO. PROGRAMA DE ACTOS PARA OS VINDEIROS DÍAS

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA EN HOMENAXE A CASTELAO NO 75º CABODANO. PROGRAMA DE ACTOS PARA OS VINDEIROS DÍAS

2025, Actividades, Conmemoracións
Castelao foi unha figura clave do galeguismo e da cultura galega contemporánea, destacando como intelectual, político, artista e defensor incansable da identidade galega, así como o seu compromiso coa liberdade, a democracia e a dignidade do pobo galego. É por iso que o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba quere sumarse á celebración do ANO CASTELAO, cando se cumplen 75 anos do seu pasamento. Esta efeméride queremos unila tamén á conmemoración do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, celebrado o 28 de xuño de 1936, no que, segundo o reconto oficial, votou o 74,56% do censo, cun apoio do 99,24% ao Estatuto. No marco destas celebracións, o IESCHA ten programados os seguintes actos: 26/06.- Exposición “Sempre en Galiza (1934-1944)”, que estará aberta na Casa da Cultura de Vilalba dende…
Ler máis
UNHA REPRESENTACIÓN DO IESCHA VISITOU A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE VILALBA ESTE PASADO MÉRCORES, 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

UNHA REPRESENTACIÓN DO IESCHA VISITOU A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE VILALBA ESTE PASADO MÉRCORES, 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

2025, Actividades, Conmemoracións, RESEÑA, Varios
O pasado mércores, 23 de abril, na celebración do Día do Libro, unha representación do IESCHA, formada por Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Manuel C. Santamariña, realizou unha visita moi especial á Residencia de Persoas Maiores de Vilalba. Alí, tiveron a oportunidade de compartir uns momentos entrañables coas persoas residentes, dando lectura a varios fragmentos de obras de autores galegos, entre outros, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Uxío Gracía Amor... Unha experiencia enriquecedora, chea de complicidade, afecto e sorrisos, poñendo en valor o poder da palabra e a importancia de compartir a nosa cultura e a nosa lingua. Dende o Iescha, temos que trasladar o noso agradecemento á directiva, persoal e residentes da institución por ternos invitado ao acto e pola súa cálida acollida.
Ler máis