
RESEÑA DO DEBATE ELECTORAL-MUNICIPAIS’23 ORGANIZADO NA CASA DA CULTURA POLO IESCHA ENTRE CABEZAS DE LISTA DE PSOE, PP, VA E BNG (VIDEO-RESUME)
Participaron no debate: Elba Veleiro, Sandra Vázquez, Modesto Renda e Tino Alvite, cabezas de listas das catro candidaturas presentadas no Concello de Vilalba por parte dos partidos: PSOE, PP, VA e BNG, respectivamente. O desenrolo do debate, magnificamente moderado, como de costume, por Baruk Domínguez, seguiu o mesmo formato na distribución de tempos e temas a tratar que en anteriores ocasións, e onde cada candidato/a foi presentando as súas propostas e argumentos buscando convencer aos votantes da súa idoneidade para o cargo. Houbo tamén turnos de réplicas e contrarréplicas. En xeral, durante o debate foron mostrándose as diferentes visións e enfoques das catro candidaturas, cun minuto de ouro final que cada representante aproveitou para pedir o voto para o seu partido. Dende o IESCHA, temos que agradecer, en primeiro lugar,…