EXPOSICIÓN “UNIVERSO VIZOSO”. INAUGURACIÓN: MARTES 8-04-25, ÁS 11:30 H., CASA DA CULTURA DE VILALBA. VISITA GUIADA DE ASER ÁLVAREZ
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN “UNIVERSO VIZOSO”, promovida e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Rede Museística Provincial e de Arraianos Producións, e conformada por carteis e ilustracións da autoría do artista mindoniense XOSÉ VIZOSO, recentemente falecido. A inauguración terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o martes 8 de abril de 2025, ás 11:30 horas, e contará coa visita guiada da mostra a cargo de ASER ÁLVAREZ, comisario da exposición. Permanecerá aberta ao público ata o 7 de maio de 2025. Texto de Aser Álvarez González, comisario da exposición “Cando unha galiña pon un ovo faillo saber a toda a aldea, mentres que unha troita deixa milleiros de ovos no río sen que niguén se decate. Con este sinxelo exemplo describía Xosé Neira Vilas…




![EXPOSICIÓN E PRESENTACIÓN DE “O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS]”, DE XULIO PARDO DE NEYRA. CON MARICA CAMPO, LUZ AIRADO E MARISA BARREIRO. 22/NOV, 20:00, SALA DO AUDITORIO](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/11/EXPOSICION-720x360.jpg)




