QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza a EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA” de DIEGO MONTENEGRO RIVAS. Estará aberta ao público na Sala de Exposicións do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILABA dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024. DIEGO MONTENEGRO RIVAS gran afeccionado e estudoso das aves, expón, no corredor do Edificio A do centro, esta escolma de fermosas fotografías de aves de Galicia que podemos atopar na nosa contorna. Nela atoparedes fantásticas instantáneas de paxaros próximos a nós, rulas, bubelas, mouchos, patos e cegoñas entre outros. A mostra poderase visistar no Auditorio Municipal de Vilalba dende o…









