XI EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO” – 26 DE AGOSTO, ÁS 20:30, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), inaugura o venres, día 26 de agosto de 2022, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XI edición. Esta mostra está integrada pola reprodución de 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca. As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis (cunha nova presentación tanto no deseño como no soporte), son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX. A…



