RESEÑA DA XXIII RUTA CHAIREGA (E ARREDORES) ORGANIZADA POLO IESCHA POR TERRAS DE VILASANTAR: A RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS”. ESTE DOMINGO 4 DE OUTUBRO. (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA XXIII RUTA CHAIREGA (E ARREDORES) ORGANIZADA POLO IESCHA POR TERRAS DE VILASANTAR: A RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS”. ESTE DOMINGO 4 DE OUTUBRO. (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Varios
XXIII Ruta Chairega: un día para disfrutar dos camiños, das árbores, da auga, dos animais, da natureza… da xente. Para este pasado domingo, 4 de outubro, o IESCHA tiña organizado a XXIII Ruta Chairega e arredores, desta volta por terras de Vilasantar, nunha xornada propicia para poder disfrutar da natureza. A “Ruta dos Muíños do Rego das Gándaras” iniciámola na Ponte do Sapo, no concello de Vilasantar, para adentrarnos pouco a pouco nun espazo natural ben interesante. O camiño, duns 6 quilómetros (a ida, e outros tantos a volta), levounos á beira do río Cabalar, do Tambre e do rego das Gándaras, nun percorrido no que poidemos apreciar tanto os valores naturais como o patrimonio que fomos atopando ao longo do camiño: A vexetación autóctona, os cursos de auga, as…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “VERSOS REPUBLICANOS (E OUTROS POEMAS)”, DE CARMIÑA PRIETO ROUCO, EDICIÓN E TEXTO INTRODUTORIO DE MARIO PAZ GONZÁLEZ. 19/09/2026. SALA EXPOSICIÓNS AUDITORIO

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “VERSOS REPUBLICANOS (E OUTROS POEMAS)”, DE CARMIÑA PRIETO ROUCO, EDICIÓN E TEXTO INTRODUTORIO DE MARIO PAZ GONZÁLEZ. 19/09/2026. SALA EXPOSICIÓNS AUDITORIO

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Recuperar a voz poética de Carmiña Prieto Rouco A sala de exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba acolleu o sábado 19 de setembro a presentación de Versos republicanos (e outros poemas), de Carmiña Prieto Rouco, edición e o estudo introdutorio de Mario Paz González, que recupera unha parte especialmente descoñecida da obra da poeta vilalbesa, unha publicación do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) co apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O acto, presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, combinou a explicación da traxectoria vital e literaria de Carmiña Prieto Rouco coa lectura e interpretación dalgúns dos seus textos. Participaron as poetas Pilar Maseda, María Xosé Lamas e Emilia Martínez, en directo, e Luz Airado, vía audio, que puxeron voz a diferentes poemas da autora, mentres Carlos Gómez…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DO GRUPO “CATRO NUN ZOCO” ESTE PASADO SÁBADO 12 DE SETEMBRO, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, NA HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO CONCERTO DO GRUPO “CATRO NUN ZOCO” ESTE PASADO SÁBADO 12 DE SETEMBRO, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, NA HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Catro nun zoco, música e palabras para unha noite especial O Auditorio Municipal de Vilalba acolleu este sábado o concerto de Catro nun zoco, dentro dos Actos da Cultura Chairega-2026, organizados polo Instituto de Estudos Chairegos coa colaboración do Concello de Vilalba, na homenaxe a Manuel María no seu XXII cabodano. Foi unha noite de música, pero tamén de palabras e reflexións. O grupo CATRO NUN ZOCO (Mini Rivas, voz, guitarra e zanfona; Mariña Quintillán, violín; Iria Rivas: voz, e Navia Rivas, voz e pandeireta) foi alternando cancións con comentarios sobre Galicia, o galego e a súa presenza na escola, as guerras, o xenocidio en Gaza, o medio ambiente ou esa sabedoría popular que forma parte da nosa memoria. E, naturalmente, apareceu Manuel María. Mini falou de moitos poetas e…
Ler máis
RESEÑA DO PRIMEIRO DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 DE SETEMBRO DE 2026. ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA DE VILALBA

RESEÑA DO PRIMEIRO DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 DE SETEMBRO DE 2026. ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Un ano máis, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) celebrou o primeiro dos Actos da Cultura Chairega-2026, unha cita xa tradicional no calendario cultural da Terra Chá que ten como eixo central a homenaxe a Manuel María, no XXII cabodano do seu pasamento. O acto desenvolveuse este domingo, 6 de setembro, no Espazo Manuel María-Casa da Cultura, un lugar especialmente simbólico por acoller, a carón da Casa da Cultura, a escultura do gran poeta chairego. Unha Casa da Cultura que, por méritos propios e polo vínculo profundo de Manuel María con Vilalba e coa cultura da Terra Chá, xa debera levar o seu nome, como recoñecemento permanente á súa figura e á súa inmensa achega á cultura galega. As palabras de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, serviron para iniciar o acto poñendo de manifesto o significado desta celebración e a necesidade…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO DE VILALBA - 28-08-2026 (VIDEO RESUME) Vilalba volve mirar cara atrás para lembrar como eramos Hai fotografías que son moito máis ca fotografías. Gardan unha historia, un nome, unha familia, unha festa, un oficio, unha paisaxe… e, sobre todo, gardan un anaco da vida que fomos. Con ese espírito abriu as súas portas este venres, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a XIII edición de “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, unha mostra que volve reunir imaxes capaces de espertar lembranzas e emocións en cada recuncho. No acto de inauguración, a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, quixo comezar dando as grazas, de maneira moi especial, ás familias que ao…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DE DAKIDARRÍA NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA. VENRES 21 DE AGOSTO DE 2026. IESCHA-ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN-CONCELLO DE VILALBA (VIDEO RESUME).

RESEÑA DO CONCERTO DE DAKIDARRÍA NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA. VENRES 21 DE AGOSTO DE 2026. IESCHA-ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN-CONCELLO DE VILALBA (VIDEO RESUME).

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Dakidarría ofrece en Vilalba un dos grandes concertos dos últimos anos A Praza da Igrexa de Vilalba viviu este venres 21 de agosto unha noite de música, enerxía e compromiso coa actuación de Dakidarría, nun concerto promovido e financiado polo Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Vilalba e organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) dentro da súa programación para as Festas de Vilalba. A formación galega ofreceu un magnífico espectáculo, demostrando unha vez máis por que é considerada unha das bandas máis destacadas e combativas do panorama musical galego. Durante a actuación, Dakidarría realizou un amplo percorrido pola súa traxectoria, presentando unha moi variada mostra do seu repertorio, no que tiveron cabida diferentes etapas, estilos e cancións que forman parte xa da historia do grupo. O público puido gozar dunha proposta musical…
Ler máis
RESEÑA DA XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO, ORGANIZADA POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026 (VIDEO RESUME FOTOGRÁFICO E ACCESO A FOTOS)

RESEÑA DA XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO, ORGANIZADA POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026 (VIDEO RESUME FOTOGRÁFICO E ACCESO A FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Hai lugares que se coñecen cos ollos e outros que se descubren tamén co corazón. A XIV Ruta "Por Galicia Adiante – Andando as Terras de Viveiro", organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, levounos nesta ocasión ata Viveiro e a súa contorna para vivir unha xornada na que natureza, historia, tradición e mar se deron a man nun fermoso percorrido pola Mariña lucense. A mañá comezou cedo, coa saída desde Vilalba cando o día apenas espertaba. No autobús mesturábanse as conversas, os saúdos de sempre e a ilusión pola viaxe. Acompañounos durante toda a xo Noela Feal, guía oficial de turismo e artesá, quen soubo transmitirnos, con palabra próxima, o valor dos lugares que iamos visitar. O primeiro destino foi o Curro de Candaoso, en Boimente. Alí agardaba unha das…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DO PROGRAMA TRADIGALU DE MÚSICA TRADICIONAL (VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN) A CARGO DO GRUPO “OS VALUROS”, DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

RESEÑA DO CONCERTO DO PROGRAMA TRADIGALU DE MÚSICA TRADICIONAL (VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN) A CARGO DO GRUPO “OS VALUROS”, DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Os Valuros encheron de tradición e participación o Auditorio Municipal de Vilalba O Auditorio Municipal de Vilalba acolleu un concerto de música tradicional organizado polo Iescha, pertencente ao programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e protagonizado por Os Valuros, grupo de música e baile tradicional de Castro de Rei, que leva máis de trinta anos dedicándose á recuperación e difusión da música popular galega. A formación, integrada por persoas de diferentes idades —desde veteranos ata mozas, mozos e mesmo nenas e nenos a partir dos oito anos—, ofreceu un espectáculo no que se combinaron música, canto e baile tradicional, amosando o carácter interxeracional que caracteriza o grupo. A interpretación de pezas coa gaita, o acordeón e a percusión foi acompañada en numerosos momentos por voces e coreografías, ofrecendo unha…
Ler máis
RESEÑA DA PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA”, IMPARTIDA POR XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, COA PRESENTACIÓN DE MARISA BARREIRO. VENRES 26-06-2026, CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA”, IMPARTIDA POR XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, COA PRESENTACIÓN DE MARISA BARREIRO. VENRES 26-06-2026, CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu na tarde deste venres 26 de xuño a palestra "Memoria Democrática", organizada polo IESCHA dentro da súa programación cultural do referido mes. O acto, presentado por Marisa Barreiro, contou coa participación do investigador e profesor Xavier Fernández Rodríguez, quen ofreceu unha interesante conferencia centrada na relación entre a escola pública e a memoria democrática en Galicia. Na súa intervención inicial, Marisa Barreiro explicou as razóns que motivaron a organización desta actividade, subliñando a importancia de crear espazos de reflexión arredor da memoria histórica e do papel da educación na construción dunha sociedade máis crítica e democrática. Presentou tamén a traxectoria de Xavier Fernández Rodríguez, profesor de Música no Conservatorio Superior da Coruña e investigador no ámbito das Humanidades, facendo especial referencia á súa…
Ler máis
RESEÑA DO CINEFÓRUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

RESEÑA DO CINEFÓRUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu este xoves 25 de xuño unha moi interesante sesión do cinefórum: "Eclipses no cinema", de Martin Pawley, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración co Concello de Vilalba. O acto foi presentado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, quen deu a benvida ao público asistente e presentou ao relator, Martín Pawley, destacando a súa ampla traxectoria como crítico e programador cinematográfico, o seu intenso labor de divulgación cultural e o seu profundo coñecemento tanto do cinema como da astronomía. Tamén puxo en valor o seu traballo nos eidos da contaminación lumínica e da protección do ceo nocturno. Na súa intervención, Martín Pawley iniciou a charla facendo referencia ao esperado eclipse solar total do 12 de agosto de 2026, un acontecemento astronómico…
Ler máis